2 abr 2019

DÍA DO AUTISMO

Hoxe a nosa escola botouse ao monte baixo o lema: “Nos teus zapatos” !

Durante a semana todos os nenos e nenas pintaron uns zapatos cheos de pezas de puzzle coas cores que representan o citado día: azul, verde, amarelo e vermello. Finalmente todos os zapatos formaron o noso lema e o signo do infinito que podedes atopar na entrada da escola. Un mural cheo de inclusión onde cada neno e cada nena puxo un pedaciño de seu.


Outra proposta foi a de vir cun zapato de cada cor a escola que, por certo, resultou moi divertida!!



Finalmente, na hora de ler, os nenos e nenas visualizaron diversos cortos e vìdeocontos coa temática do autismo.

Non podedes deixar de disfrutar dos seguintes, sinxelos e sutìs, que nos axudan a entender o mundo interior tan rico que teñen as persoas con autismo.


Aquì tendes os enlaces:

EL VIAJE DE MARÍA

ACADEMIA DE ESPECIALISTAS

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

EL CAZO DE LORENZO



Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.


No hay comentarios: