26 oct 2023

SE QUEREDES UN NOVO SELO GAÑAR...UNHA CASTAÑA TEREDES QUE ELABORAR.....

 PARA A VOSA COMPOSTELANA SELAR ...

    Unha nova proposta de carácter plástico para celebrar este tempo de 

castañas e Magostos. Sen pausa pero sen présa ...



25 oct 2023

A BIBLIO VAI ÁS AULAS NO SAMAÍN

 Este ano o Equipo de Biblioteca preparou para as diferentes aulas do cole unhas 

bolsiñas con material para o Samaín para utilizar nas sesións de lectura. Unha

 idea estupenda que foi moio ben recibida. GRACIÑAS MEIGATINTUREIRA!!!!

 



23 oct 2023

BO CAMIÑO PEREGRIN@ !

   Na inauguración físoselle entrega a cada alumno dun PASAPORTE 

  que irán completando ao longo do curso:

  En cada un dos meses haberá unha actividade na Biblio.

 Cando veñas poñeranche un selo nunha das casillas do teu pasaporte 

ata completalo !                             

                                                          ÁNIMO PEREGRIN@ !

Clica no foto superior e poderás ver o despregable do pasaporte!

Pasaporte peregrino de Quinto Tintureira

19 oct 2023

E CHEGOU O ANSIADO DÍA !

             E que nos tiña preparado a Meigatintureira?

   Pois unha fermosa película na que colaborou tamén o profe Luis, que xa non está

 no cole pero que lle encanta botarnos unha man na Biblio cando llo pedimos. Como

 este ano imos traballar co Camiño de Santiago se facedes click no enlace poderedes

 vela en  animación:

Inauguración 23-24 de Quinto Tintureira

17 oct 2023

NOVO CORREO DA MEIGATINTUREIRA

     Xa recibimos  nas clases a esperadísima carta da nosa querida amiga a Meiga Tintureira.  Como sabedes é unha gran viaxeira e na súa carta cóntanos historias das súas viaxes veraniegas cando se despide dos cativos no mes de xuño para descansar dos trafegos do curso.

Lede atentamente pero antes clica enriba da Cabaza Peregrina para podela ler:



12 oct 2023

COMEZAMOS UN NOVO CURSO NA NOSA BIBLIOTECA cun novo proxecto ... E XA VAN 14!

  Destino Santiago: TINTUPEREGRINANDO

       Éste é o título elexido para este curso 23-24. Estade atentos ao horario en que imos ir cada curso para a inauguración da  Biblioteca. Quedades convidados e convidadas de xeito oficial un ano máis!

    Aquí vos deixo o horario para que vos vaiades facendo unha idea: