29 oct 2019

Xa tedes o recuncho do medo para vivir o Samín e Halloween!!!

Visitade o noso recuncho do medo!!! Está cheo de historias terroríficas para todas as idades.

ATRÉVETE!!!




Abrimos a nosa biblioteca!!!


O 24 de outubro tivemos festa rachada na nosa biblioteca. Chegou a tan esperada carta da nosa Meiga Tintureira. Como cada ano fíxonos unha proposta para investigar, xogar e aprender a través dos recursos da biblioteca. Este ano vai ser sobre "As Olimpíadas", porque o 2020 é un ano olímpico!!! 
Aquí vos deixamos a súa carta e as cousiñas que fixemos para festexar a apertura da nosa biblioteca, co visionado de curtametraxes olímpicos e participando en obradoiros nos que fixemos medallas, bandeiras e carteis sobre o tema. 
A biblioteca queda inaugurada e xa podedes vir a gozar dos seus recursos. Vos esperamos!!! 








23 oct 2019

Este xoves inauguramos a biblio!!!

Xa está chegando a Meiga Tintureira!!! Como cada ano, na súa biblioteca imos ter unha chea de actividades e concursos xeniais. E ademais, aquí os deixamos uha pequena parte das novidades que vos están esperando e algunhas cousiñas mais que mercamos e fixemos para anunciar a súa chegada.

Lembrade, este xoves, día 24 de outubro, estades todos convidados á inaguración da biblio!!!