28 may 2019

MENSAXE DA MEIGA TINTUREIRA II

Hoxe a Meiga Tintureira deixounos un cartel de despedida nas entradas da biblioteca:


Parece que necesita voar ben lonxe, descansar e buscar outros montes aos que protexer.
Esperamos saber de ti pronto! Botarémoste moitísimo de menos!

22 may 2019

MÉRCORES DE CONTO

Esta semana damos paso ao noso ùltimo mércores de conto este curso na biblio! 

Esta vez...dous nenas e un neno da escola que estiveron moi ilusionados durante toda a semana ensaiando nos seus ratos libres: Héctor, Mireya e Naia de 3º.

Rematamos a contada cun agasallo final da Meiga Tintureira, que sempre aproveita calquera ocasión para sacarnos un sorriso.

Non vos preocupedes porque a Meiga Tintureira xa està a argallar màis cousiñas. 

Aquí tendes unhas imaxes dos mellores momentos.



21 may 2019

MENSAXE DA MEIGA TINTUREIRA I


Corre a pollo teu conto ou libro favorito! Hoxe é o último día para o préstamo! 

TIC, TAC, TIC, TAC, TIC, TAC...


16 may 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe foi un día repleto de actividades na escola. Na Hora de Ler todos os nenos e nenas foron pasando pola biblioteca para visualizar un vídeo no que, moitos deles e delas, colaboraron como artistas, mans solidarias e, incluso, narradora!

A continuación, acudimos a entrada onde o equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou:
- Un recitado de poemas dos nenos e nenas de infantil.
- A biografía de Antón Fraguas contada polos nenos e nenas de 6º.
- Fixo entrega dos agasallos do Concurso Literario.

Finalizamos o día, cantando todos xuntos o Himno Galego acompañados dos alumnos e alumnas de 6º coa frauta.

Agora toda descansar e aproveitar o Dia das Letras Galegas ao máximo!

Aquí tendes o vídeo realizado cos debuxos dos rapaces e rapazas! Disfrutádeo!


MÉRCORES DE CONTO

Esta semana continuamos cos mércores de conto na biblio!

Esta vez...dous nenos da escola que estiveron moi ilusionados durante toda a semana ensaiando nos seus ratos libres: Lucía e Noa de 5º.

Rematamos a contada cun agasallo final da Meiga Tintureira, que sempre aproveita calquera ocasión para sacarnos un sorriso.

Aquí tendes unhas imaxes dos mellores momentos.


15 may 2019

RECUNCHO DAS LETRAS GALEGAS

Anunciamos un novo recuncho: esta vez o adicado às Letras Galegas!

Pasade pola biblio e disfrutade dun sinfìn de contos e historias dos nosos autores e autoras referentes.

Un espazo para a Literatura Galega onde a nosa lingua è a protagonista.




Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.


13 may 2019

PASAPALABRA

Pouco falta xa para o Día das Letras Galegas e na nosa escola o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está máis que preparado!

Un ano máis, podedes participar no concurso que organizan: PASAPALABRA! Cada día unha letra e unha pregunta relacionada co escritor homenaxeado este ano, Antón Fraguas.

Pásate polo mural no recreo, le a pregunta, escribe a túa resposta, introdúcea na caixa e...Moita sorte porque haberá sorpresas!


2 may 2019

DÌA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio,  conmemòrase o Dìa contra o acoso escolar. Unha problemàtica que,  por desgraza, està presente nas escolas e que temos que parar!

Sen dùbida, o màis importante è traballar na PREVENCIÒN, evitando asì que ocorran casos deste tipo. Tamèn è moi importante INFORMAR aos nenos e nenas da existencia desta realidade para que, ante un caso asì, saiban como reaccionar e que poden ou deben facer.

Aquì  tendes unha serie de recursos que poden resultar ùtiles para tratar este tema tanto na escola, coma na casa:











E recorda que: a tùa liberdade remata onde comeza a dos demais!