24 oct. 2018

RECUNCHO DE SAMAÍN E CONTOS DE MEDO!


Hoxe comezamos a xornada cunha escalofriante mensaxe da Meiga Tintureira:

“NOVO RECUNCHO NA BIBLIOTECA: CONTOS DE SAMAÍN E DE MEDO. ATRÉVESTE?

Algúns nenos e nenas xa aproveitaron para achegarse e descubrir un sinfín de novidades monstruosas  para quen queira rirse do medo, disfrutar do medo, superar os seus medos, investigar sobre a orixe e historia do Samaín e, en definitiva, adentrarse nun novo mundo que, aínda que pareza que non, continúa máis vivo que nunca!

Unha actividade realizada en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega que non vos podedes perder e que terá máis sorpresas e...SUSTOS!


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


     Hoxe, 24 de outubro, é un día moi importante para as bibliotecas, xa que se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares. 
      Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz.

      Se pinchades no cartel podedes atopar todos os carteis adicados ao DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES






19 oct. 2018

INAUGURACIÓN!

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Esta semana recibimos a preciada carta da nosa Meiga Tintureira. Nela contounos a temática que imos traballar este curso no que tinguiremos a nosa escola de moito verde!

O noso lema será: "BOTÁMONOS AO MONTE" polo que xa comezamos a traballar e a ler sobre os nosos bosques, montes, a natureza, etc.

O mércores e o xoves comezamos cunha mensaxe moi especial e cun cofre misterioso nas portas da escola e da biblioteca!


Os alumnos e alumnas de 5 anos foron os primeiros en visitar a biblioteca este curso. Encantoulles o corto titulado "Árboles y flores".


Os nenos e nenas de 3 e 4 anos estiveron encantados na biblioteca descubrindo un novo espazo da nosa escola. Ademais cantaron, bailaron e decoraron unhas follas para a nosa árbore.



En 1º de Primaria, colaboraron coa decoración da nosa árbore e disfrutaron dun fragmento da película "Fantasía" de Walt Disney. 





Os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB aproveitaron para escoller os contos sobre o monte máis grandes e máis coloridos. Neles descubriron un montón de especies de árbores descoñecidas e moitas curiosidades para investigar.




 Os alumnos e alumnas de 3º foros os madrugadores do xoves, xa que foron os primeiros da mañá en acudir a biblioteca. Disfrutaron de todas as actividades dentro da biblio, en especial coa canción "Cos pés na terra"de Brinca Vai. Foron o grupo máis cantareiro sen dúbida!


En 4º ríronse moito co vídeo da canción de Paco Nogueiras, leron moitísimo sobre o monte, aprendendo a coidalo e respetalo .


En 5º estiveron moi atentos ao fragmento da película, sen perder de vista o cofre. Que terá no seu interior?


Finalizamos a inauguración coa visita dos alumnos e alumnas de 6ªA e 6ºB, os cales aplaudiron con estusiasmo as mensaxes da Meiga Tintureira sobre o monte e o seu coidado.




FORON DOUS DÍAS ESTUPENDOS NOS QUE A MEIGA TINTUREIRA, MOSTROUNOS UN SIN FIN DE NOVIDADES E DE NOVOS ESPAZOS PARA PODER DISFRUTAR DA NOSA BIBLIOTECA.

ADEMAIS INVITOUNOS A DESCUBRIR E VALORAR MÁIS AÍNDA OS NOSOS MONTES PORQUE SON A CASA DE TODOS E DE TODAS!!