29 mar 2024

2 de abril, unha data para ter en conta.

 O vindeiro 2 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data moi cercana ao vindeiro 23 do mesmo mes no que celebramos o DIA do LIBRO.

Específicamente este ano o lema é:

              Navega polos mares coas alas da túa imaxinación

 A ilustración do cartel é da ilustradora xaponesa Nana Furiya.

 Se clicades na imaxe poderedes ver o poema elaborado para a ocasión por Eiko Kadono, escritora xaponesa, que afirma:

       " Empezar a ler un libro é como abrir unha porta a un mundo diferente. Unha porta que non se pecha ao final da historia, sempre hai outra que agarda para ser aberta..."

 


 

1 mar 2024

Exposición 8 de marzo: celebramos o DÍA da MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller 2024 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Investir nas mulleres, acelerar o progreso", poñendo o foco nun mundo que se enfronta a múltiples crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero é máis vital que nunca. Garantir os dereitos das mulleres e as nenas en todos os ámbitos da vida é a única forma de asegurar o desenvolvemento sostible. (ONU mujeres).

A recopilación de materiais para esta celebración tédela no recuncho que está a carón do posto bibliotecario, aquí vos deixamos algúns exemplos.