21 jun. 2017

UN ANO MÁIS....

Como se dun poema se tratase:

UN ANO MÁIS 
CHEGA O VERÁN
E CON EL, NOVAS AVENTURAS
ACONTECERÁN.....

E coma sempre deixámosvos a nosa guía de lecturas, que esperamos vos acompañe durante este tempo de lecer que se inicia dentro de moi pouquiño!

Vémonos á volta: FELICES VACACIÓNS... !

 

18 jun. 2017

RECHOUCHÍO Nº 15

Un ano máis, un novo número da revista do cole: O RECHOUCHÍO que xa vai pola súa 15ª edición que se dí ben rápido!!!  DUSFRUTÁDEA!!

https://issuu.com/infantilapaz/docs/o_rechouch__o_n___15_2bcc30ede97654

23 mar. 2017

Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2017

video 

Os nen@os de 1º amosn aos seus compañeiros seu traballo poético e artístico

encantados coa posía!!!

9 mar. 2017

HOMENAXE Á ROSALÍA


“A xustiza pola man” de Rosalía de Castro 

         Un Mannequin Challenge como homenaxe do alumado de 5º e 6º á nosa Rosalía de Castro no día da muller Traballadora coa música da viguesa Aid recitando o poema " A xustiza pola man " , poema pertencente á súa obra  "Follas Novas " de 1880.


video

22 feb. 2017

PREPARANDO A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA






     Coñecedes este personaxe? Ben seguro que sí! Pensade un anaquiño.............
       Rosalía de Castro! quen se non?  O ilustrador galego Aarón Fernández Martínez cedeunos para conmemorar o día de Rosalía estas imáxenes para traballar con elas baixo a  licencia de Creative Commons.
         Coa primeira delas podes imprimir a túa propia Rosalía, coloreala e poñerlle os atavíos que queiras.
             Coa imaxe dobre podes facer incluso un colgante para a túa habitación ou se o reduces unha piruleta para o teu lápis, deixa voar a túa imaxinación.



16 feb. 2017

A RATIÑA PRESUMIDA

     Unha pequeniña e modesta adaptación deste clásico foi o agasallo do alumnado de 4º A aos pequechos da Escola infantil Lúa, que cada ano visitan a nosa escola nunha xornada de convivencia co noso alumnado de infantil.

 BENVIDOS, UN ANO MÁIS!!!!!