Érase que se era unha vez..... cando se piden aparecen coma as setas......voluntarios e voluntarias dos diferentes cursos para ler no tempo de lectura despois do recreo. A actividade levouse a cabo varios días en diferentes semanas do mes de abril. Suben do patio, collen o seu libro (as veces compartido) e van recorrer o cole para ir ler á clase seleccionada. Incluso houbo quen se atreveu sendo pequeno a irlle ler aos maiores!!!
Animáronse ata os máis cativos de Primeiro de primaria.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario