19 abr 2016

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO

Este curso decidimos, como fai dous anos, anotarnos aos APADRIÑAMENTOS LECTORES. O alumnado de 3º a 6º apadriñaba nesta proposta un neno/a dende Infantil de tres ata 2º. Para elo seleccionamos arredor de douscentos libros que consideramos se adaptaban ao alumnado ao que ía dirixida a proposta e ao tempo có que contabamos. Posteriormente clasificámolos por idades e logo cada un dos padriños e madriñas, pasou pola Biblio para elexir o conto que lle contaría ao seu afillado/a posteriormente o día elexido.



No hay comentarios: