30 abr 2016

DÍA DO LIBRO 2016: APADRIÑAMENTOS LECTORES

       No presente curso decidimos celebrar o Día do Libro cos Apadriñamentos Lectores: aos maiores do cole, de terceiro de Primaria a sexto asignábaselles un neno ou nena de Infantil de tres anos ata 2º de Primaria, según o curso: era seu afillado ou afillada.
Posteriormente cada un deles seccionou orientado polos mestres da Biblioteca  o libro que querían contarlle aos seus compañeiros. E aquí podedes ver o resultado de tan fermoso día, que por certo pospuxemos ata o 28 de abril, para que coincidise cun fermoso día de expléndido sol primaveral!!!!! e dende logo resultou perfecto!!!!




No hay comentarios: