Esta semana o noso tendal da biblio mudou as mensaxes de amor polos retratos dos nosos nenos e nenas que esconden unha muller importante da súa vida.
Moitas destes retratos, reflexan as súas nais, avoas, mestras... Mulleres que son un exemplo a seguir e que forman parte do día a día dos nosos alumnos e alumnas. En definitiva, como di a canción de Guadi Galego: mulleres alentadoras, conquistadoras, brillantes e activistas da nosa vida cotiá!
Non deixedes pasar esta oportunidade de disfrutar dunha exposición de arte na nosa escola!
Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario