1 mar 2019

CHEGOU O ENTROIDO!

Por fin chegou o día!!!!

Hoxe, a nosa escola convertiuse nun bosque cheo de numerosos personaxes de contos que cobraron vida en Tintureira! Algùns incluso, algo desorientados, buscaban conto no que poder participar!

Blancanieves e os seus enanitos, malvadas bruxas, leñadores, espellos máxicos, numerosos animais do bosque, porquiños escapando de lobos, fadas e trasnos, aventureiros como Robin Hood, caparuchiñas vermellas enganadas por lobos, avoas, cazadores facendo xustiza e... un sinfín de árbores dos nosos montes que deron vida ao noso ENTROIDO.

Disfrutade moito desta festa chea de tradicións, diversión e cores!



Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.


No hay comentarios: