6 feb 2019

NAMÓRATE DA BIBLIOTECA!


Por se todavía non o estabas...NAMÓRATE DA BIBLIOTECA!

Pásate pola biblio nos recreos, cos teus mestres ou coa túa familia e...descubre un novo recuncho cheo de sentimentos, sensibilidade, cariño e moito amor.

Unha vez máis, a Meiga Tintureira, non deixa de sorprendernos. Esta vez, cun novo espazo repleto de contos con fermosas historias que desexan cobrar vida.

Aproveita para descubrir que é o amor, os tipos de amor que existen, de que cor son os besos, como conviven unha xirafa e un crocodilo namorados, o amor co paso do tempo...

En definitiva, aproveita para NAMORARTE DA BIBLIOTECA, DOS SEUS CONTOS E DAS SÚAS HISTORIAS!

   









No hay comentarios: