12 feb 2019

Mensaxes de amor

Ao longo desta semana os nenos e nenas de Educación Primaria e Educación Infantil, pasarán pola biblio para deixar unha mensaxe de amor, de cariño, unhas palabras bonitas para os seus seres queridos, a súa mascota, aos seus amigos e amigas, etc.

De 1º de Primaria a 6º, deberán escribir a súa mensaxe nun folio de cor vermello e depositalo no noso cofre; mentres que os nenos e nenas de Educación Infantil, deberán decorar uns beizos utilizando diferentes técnicas.

Finalmente, con todos os beizos e  mensaxes de amor, realizaremos unha exposición na biblio chea de sentimentos.

Non perdades esta oportunidade de dicirlle a esa persoa especial o que pensas, o que sintes ou de darlle as grazas por formar parte do teu día a día.



Moitos  bicos da vosa amiga, a Meiga Tintureira.




No hay comentarios: