17 dic 2020
INAUGURAMOS VIAXANDO NO TEMPO A... FAI 50 NOS!!!
Inauguramos a biblioteca, viaxando no tempo cara o pasado... Fai 50 anos, cando comenzou a súa aventura o noso colexio.
E todo, co video que coma sempre con moito agarimo, preparou o profe Luís. Que aínda que está xubilado, segue a colaborar con nos e coa Meiga Tintureira, na súa biblioteca. MIL GRAZAS!!!
Podedes velo aquí:
Durante dúas semanas, visitamos por cursos a biblioteca para ver o maravilloso video no que descubrimos como era a vida fai 50anos, cando comezou a vida do noso colexio.
Tamén puideron ver os debuxos animados e series que vían os nenos e nenas neses anos. Moitos deles... os profes que agora están na escola....
E tivemos como remate final, un concurso no que tiñan que adiviñar como eran os mestres e as mestras de pequenos, mirando as súas fotos en branco e negro e cunha vestimenta moi diferente.
En breve, haberá entrega de premios para os que acerten moitas. CONTINUARÁ....
26 sept 2020
PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA DA MEIGA TINTUREIRA
Clicar no enlace para ver completo.
https://drive.google.com/file/d/1qs9Rn19TtrNYdqp5yhYYlfFHak65bxlZ/view?usp=sharing
25 sept 2020
18 jun 2020
RECOMENDACIÓN DE LECTURA PARA ESTE VERÁN!!!
Aquí vos deixamos unha chea de posibilidades de lectura para todas as idades. E se sodes grandes lectores e non é suficiente... Atoparedes moitas máis nas bibliotecas e librerías da nosa cidade, ou dos lugares onde pasedes as vacacións.
Sexa como sexa, a Meiga Tintureira vos desexa un feliz verano, e vos pide que non vos perdades a experiencia de vivir aventuras coa lectura.
RETOS DE LECTURA PARA ESTE VERÁN 2020!!!
Anímate a comprar ou buscar un libro,
seguindo algún dos nosos retos e goza da experiencia de decidir unha nova
aventura, cambiando a maneira de tomar decisións. Este verano vive unha dobre
aventura coa lectura.
OS GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO DE INVERNO!!!
Como cada ano, no noso cole celebróuse o concurso literario de inverno. E polas circunstancias especiais deste ano, todos e todas as participantes, son gañadoras e terán o seu agasallo. Clicade nesta dirección para ler as súas xeniais historias. NORABOA!!!
https://www.flipsnack.com/tintureira/concurso-literario-de-inverno.html
https://www.flipsnack.com/tintureira/concurso-literario-de-inverno.html
12 jun 2020
CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN-DA FUNDACIÓN ONCE.
O obxectivo desta colección de lecturas, é ensinar as vivencias de nenos e nenas con outras capacidades, a través das súas divertidas aventuras.
PINCHA no enlace que tes aquí debaixo, e irás á páxina da ONCE, onde estarán todos os libros que poderás ver se clicas enriba deles.
http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/
http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/
23 may 2020
DA MAN DE OQO EDITORIAL, UNHA CHEA DE FILMES EN GALEGO
Pinchade no enlace para gozar de filmes en galego.
https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ
https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ
COMO FACER UN FORMATO DE LIBRO, ONDE ESCRIBIR OU DEBUXAR UNHA HISTORIA.
Pincha no enlace, e verás os pasos para crear un formato, no que logo deixar voar a túa imaxinación con debuxos ou palabras. Anímate a facelo!!!
https://www.youtube.com/watch?v=65ddFv5K8wQ
https://www.youtube.com/watch?v=65ddFv5K8wQ
FAI OS TEUS PRIMEIROS INTENTOS DE BANDA DESEÑANDA... ANÍMATE!!!
Pincha nos enlaces e anímate a crear con algúns consellos de dous grande neste xénero.
DEBUXAR NO COMIC CON FIZ E QUIKO DA SILVA.
https://www.youtube.com/watch?v=I27dYQEsQkY
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































