17 dic 2020

INAUGURAMOS VIAXANDO NO TEMPO A... FAI 50 NOS!!!

Inauguramos a biblioteca, viaxando no tempo cara o pasado... Fai 50 anos, cando comenzou a súa aventura o noso colexio.
E todo, co video que coma sempre con moito agarimo, preparou o profe Luís. Que aínda que está xubilado, segue a colaborar con nos e coa Meiga Tintureira,  na súa biblioteca. MIL GRAZAS!!!
Podedes velo aquí:


Durante dúas semanas, visitamos por cursos a biblioteca para ver o maravilloso video no que descubrimos como era a vida fai 50anos, cando comezou a vida do noso colexio.


Tamén puideron ver os debuxos animados e series que vían os nenos e nenas neses anos. Moitos deles... os profes que agora están na escola.... 

E tivemos como remate final, un concurso no que tiñan que adiviñar como eran os mestres e as mestras de pequenos, mirando as súas fotos en branco e negro e cunha vestimenta moi diferente.







En breve, haberá entrega de premios para os que acerten moitas. CONTINUARÁ....

No hay comentarios: