Si,
sí...... leíchedes ben. Este curso imos a EMOCIONARNOS!!!!
aprenderemos unha chea de cousiñas acerca das nosas emocións, do que nos
fai sentir ledos, do que nos fai chorar, ..... un ano máis a
MEIGATINTUREIRA deixanos a súa carta que esperamos ANSIOSAMENTE (outra
emoción....).
18 oct 2016
6 oct 2016
COMENZAMOS DE NOVO.....E CON RENOVADAS ILUSIÓNS!!!!
Un ano máis..... agardamos a visita da nosa meiga máis querida: A MEIGATINTUREIRA!!!!
E este ano trae unhas sorpresas.......
moi emocionantes!!!
E este ano trae unhas sorpresas.......
moi emocionantes!!!
23 jun 2016
CHEGA O VERÁN.....
Por
suposto que sí vai chegando e con él as merecidas vacacións. Vaias onde
vaias non te esquezas de meter na túa mochila, maleta, bolsa de
praia..... un bo libro. Deixámosvos as suxerencias lectoras que dende o
Equipo de Biblioteca do ceip A PAZ pensamos vos farán pasar un bo verán.
15 jun 2016
O RECHOUCHÍO Nº 14
Recén saída do forno, quentiña, quentiña, outro exemplar da nosa Revista escolar O RECHOUCHÍO que xa cumple neste curso 14 anos.
DISFRUTÁDEA !!!
27 may 2016
OUTRO AGASALLO ESPECIAL
Co gallo das LETRAS, o alumnado de 2º de Primaria fixo un libriño recopilatorio con poemas de Manuel María, que vai formar parte dos LIBROS FEITOS POR NÓS no recuncho que temos na Biblio adicado a estes exemplares que tanto vos gustan!!!. Despois da entrega, moitos deles animáronse a recitar alguns poemas.
GRAZAS aos nenos e nenas de segundo e a súa profesora Conchy por este agasallo para a BE da Meigatintureira!!!
20 may 2016
MINIBEATS
Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron un libro de adiviñas en inglés sobre "minibeasts" (bichiños).
Este libro estará dispoñible para todos na Biblioteca do Colexio a partir da vindeira semana.
Grazas dende a Biblioteca polo voso agasallo que formará parte dos LIBROS FEITOS POR NÓS.
Vede que presentación máis xeitosa nos deixaron:
Vede que presentación máis xeitosa nos deixaron:
13 may 2016
... E ESTE CONCURSO REMATOU
Hoxe finalizamos o concurso sobre a vida e obra de Manuel María. A resposta á derradeira pregunta era: "Xistral". Moitas grazas pola vosa participación e seguide disfrutando coa lectura e a escoita dos seus poemas.
Por certo, sabedes que é O XISTRAL? pois sí, acertáchedes!!! O nome dunha serra galega ao norte da provincia de Lugo, na terra Chá. No cumio desta serra sopra un vento húmido e moi frío chamado a XISTRA.
Por certo, sabedes que é O XISTRAL? pois sí, acertáchedes!!! O nome dunha serra galega ao norte da provincia de Lugo, na terra Chá. No cumio desta serra sopra un vento húmido e moi frío chamado a XISTRA.
E aquí tendes os ganadores do CHIFRE de hoxe:
12 may 2016
CONCURSO MANUEL MARÍA
Na foto da dereita atoparedes a resposta á pregunta do mércores. A palabra que buscabamos era "soños", que é a segunda palabra do título do libro onde se atopa o poema "O caracol"
Na foto da dereita atoparedes a resposta á pregunta do mércores. A palabra que buscabamos era "soños", que é a segunda palabra do título do libro onde se atopa o poema "O caracol"
Se queredes participar no noso pasapalabra, mañán tendes a última oportunidade. Averiguade o nome da librería que Manuel María e a súa muller, Saleta, rexentaron en Monforte e cubride a papeleta para o sorteo. Boa sorte!
11 may 2016
SEGUIMOS CONCURSANDO ...
A resposta a pregunta de onte era: PROCURADOR.
Cal será a de mañán? Le con atención.
A resposta a pregunta de onte era: PROCURADOR.
Cal será a de mañán? Le con atención.
O caracol
Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro;
¡pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!
Ó lombo léva-la casa,
caracol, caracoleiro:
¿e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!
Caracol, col, col;
caracol, caracolón;
¡Pon os teus cornos ó sol
ó sol os teus cornos pon.
E para que vaias practicando a canción que fixo Suso Vaamonde baseándose neste poema, aquí che deixamos un video:
10 may 2016
6 may 2016
1 may 2016
RECURSOS PARA AS LETRAS
Aquí vos deixamos unha serie de enlaces para traballar sobre as nosas letras na aula ou para os que queirades saber máis. Clicade sobre os enlaces:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










