11 may. 2016

SEGUIMOS CONCURSANDO ...

A resposta a pregunta de onte era: PROCURADOR.
Cal será a de mañán? Le con atención.


O caracol
Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro;
¡pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!
Ó lombo léva-la casa,
caracol, caracoleiro:
¿e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!
Caracol, col, col;
caracol, caracolón;
¡Pon os teus cornos ó sol
ó sol os teus cornos pon. 

E para que vaias practicando a canción que fixo Suso Vaamonde baseándose neste poema, aquí che deixamos un video:
  

No hay comentarios: