15 dic 2015

GUÍA DE LECTURAS, CINE E MÚSICA... PARA TEMPOS FRÍOS

Vai chegando o frío, inda que este ano moi paseniñamente, e con él xa están próximas as tan esperadas vacacións de NADAL. Que mellor momento para pasar en familia e compartir, por qué non lecturas ao calor dos que máis queremos e nos queren. Aquí vos deixamos un ano máis unha guía con algunhas propostas para pasar un Nadal máis entretido/a:

6 dic 2015

INVESTIGANDO: QUEN SON E QUE INVENTARON?



O alumnado de 3º a 6º adicou algunhas sesións da hora de Biblioteca semanal para a investigación documental cara a este concurso que consistía en adiviñar o nome dos inventores/as que estan pendurados no teito da biblio e os seus inventos.

 

2 dic 2015

EN MARCHA AS MOCHILAS..... UNHA ACTIVIDADE PARA COMPARTIR EN FAMILIA

Un ano máis, unha proposta da BE que sempre é recibida con moita ilusión, tanto por parte do alumnado como das súas familias. Disfrutádeas!!!!! e lembrade de cubrir as enquisas que nos permiten ter en conta as vosas suxestións!!!!!! así como os comentarios que deixades nos cadernos viaxeiros!!! todo nos axuda a avanzar!!

 

29 nov 2015

UN CONTO, DOUS CONTOS, TRES CONTOS, CATRO...

   
Un ano máis visitounos o Sr GRAVATA TORTA: Contos para soñar, para sentir, para xogar, para cantar..... unha chea de contos.

17 nov 2015

MARCHAMOS A COMPOSTELA.... !

         
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/PROGRAMA_DEF_1.pdf
 
             Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as    VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Coma en anos anteriores, estas xornadas convocan arredor dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia. 
        O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
 Coma sempre, figuras de primeira orde coma Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañarán ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de experiencias, a análise eo desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica na escola . 

13 nov 2015

POR SE OS QUEREDES VOLVER A ESCOITAR!!!!!


O alumnado do CEIP Coirón Dena de 5 anos de Infantil e de 6º de Primaria  preparou este conto. Enlazámolo aquí para que o volvades escoitar se queredes despois da sesión de Contos de Medo do outro día:
https://www.youtube.com/watch?v=uk6ZGF2jHuA

Éste que tedes aquí é do CPI dos Dices en A Coruña:

https://www.youtube.com/watch?v=fHB5jbJMU0Q

E aquí o de Bola de Manteiga feito polo alumnado do ceip de Malpica:

https://www.youtube.com/watch?v=jnzbihNgjgc

Grazas a todos por compartir!!!!!

11 nov 2015

MATERIAIS SOBRE CIENCIA


         Na exposición, que tamén contempla algúns inventos, menos coñecidos polos nosos rapaces e rapazas, podedes atopar unha chea de materiais  para traballar neste curso cos proxectos, experimentos, ... que vos esperan, para que sexa un ano realmente: TROULEANDO COA CIENCIA!!!!!

10 nov 2015

UN ESPAZO PARA AS NOVIDADES


Un novo espazo onde iremos colocando os documentos recén catalogados, para que sempre saibades o que acaba de chegar á nosa Biblioteca.  

9 nov 2015

NOVA SINALIZACIÓN PARA OS ALBUMS ILUSTRADOS

       Coa idea de darlles relevancia e unha entidade propia aos mesmos decidimos entresacalos, poñerlles unha pegatina, indicando o nivel lector e posteriormente ubicalos nun lugar especial dentro da Biblioteca.
  Podedes atopalos na zona de lectura informal (vermella) dos pequenos e dos maiores (verde e amarelo).


6 nov 2015

UHHHHHHHHHH!!!!! CONTOS DE MEDO!!!!!!!


Unha selección dende os fondos da Biblioteca para contar.... e para TREMER!!!!. En colaboración co EDL, ésta é  unha actividade que vai collendo pulo ano tras ano. O alumnado de 5º e 6º organízase, disfrázase e preparan a súa actuación para representar polas aulas. 
Os máis incrédulos podedes votar unha ollada:



25 oct 2015

QUEN SON? e QUE INVENTEI ?

      Despois da inauguración o alumnado de 5º e 6º levou a súa papeleta para participar no concurso QUÉN SON E QUE INVENTEI ?. A solución...... investigando nos materiais da exposición que hai estes días na Biblioteca: Inventos.....inventores/as.....a ver, a ver...... Podedes depositar as vosas respostas no buzón da Biblio.



24 oct 2015

GOOD MORNING JOE !!!

       Foi o título elexido para a inauguración co alumnado de terceiro, cuarto quinto e sexto. Dun total de catro que conforman o libro "Doctor Ink y el cielo estrellado"  da editorial Bárbara Fiore editores, catro contos sobre personaxes solitarios que cada día descubren no ceo estrelado pequenas cousas que os fan felices. Unhas tenras historia de  Akishiro Nishino que nos farán sorir e situarnos ante a inmensidade do ceo e o universo cunhas fermosas ilustracións en branco e negro.Un fermoso libro ilustrado para todas as edades, e dende logo tamén para os maiores da casa. Unha recomendación dende este blog da Meigatitnureira.