17 nov. 2015

MARCHAMOS A COMPOSTELA.... !

         
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/PROGRAMA_DEF_1.pdf
 
             Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as    VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Coma en anos anteriores, estas xornadas convocan arredor dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia. 
        O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
 Coma sempre, figuras de primeira orde coma Carlos MagroXurxo MariñoGuadalupe JoverFelicidad CampalRosa Piquín e Ana Siro acompañarán ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de experiencias, a análise eo desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica na escola