Paco Barreiro víu visitarnos porque estamos a traballar co seu libro “O pirata Ataripo”, co que o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria está vivindo as aventuras do mono tití Ataripo, do seu amigo Chiopío, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas mariñas, con quen foi á conquista dos océanos nunha embarcación moi particular e divertida, chamada O COCODOCOCO.
Pero neste tempo con Paco, tamén conversamos sobre o mundo
dos escritores, e respondeu a unha chea de dúbidas e preguntas que lle fixo o
alumnado, sobre como se crea as historias e como chegan a ser libros. E xogamos
coa nosa lingua coas súas enxeñosas propostas.
Alumnado e profesorado pasárono moi ben, e quedaron pendentes
de desenvolver outra actividade que xurdiu na sesión, e enviarán o escritor. Moitas
grazas a Paco Barreiro e a Pablo da editorial Santillana, por unha sesión tan
produtiva, diferente e divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario