El punto é un conto que explica moi ben o que é a autoestima. E que ensina aos nenos e nenas de forma doada, a valorar o seu traballo e a súa creatividade. Escrito por Peter H. Reynolds, este libro fala do desenvolvemento da confianza nun mesmo a través do ámbito da arte, pero podemos achegalo a calquera outro ámbito. Está cargado de valores como a autoestima, a confianza, o impulso á creatividade, a necesidade de ser valorados polos demás e a importancia de que nós, respectemos e valoremos aos demáis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario