25 nov 2019

Os nosos axudantes da biblioteca!!!


Un ano máis, a nosa biblioteca xa está funcionando cos seus axudantes e 
axudantas. Parte do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, nos recreos acoden á biblio para votar unha man en todo o que sexa necesario.

Como cada ano, firmaron un contrato no que se comprometen como axudantes, a cumprir as normas da biblioteca, ir durante todo o curso,o día que lles toca da semana, no tempo do recreo.

Estes primeiros días, estivemos con eles e fixémoslles unha pequena entrevista. Estas foron algunhas das súas respostas:

Mestra:
- ¿Por que vos gusta ser axudantes da biblioteca?

Alumnado:  
- Porque queremos votar unha man no cole e axudar ás profes.
- É que nos gusta axudar aos demais.
- E tamén, axudar para que a biblioteca estea ben ordenada e os libros no estean polas mesas.
-  E que no os deixen por aí, fora do seu lugar.
- Porque nos gusta axudar a buscar libros aos pequenos.
- Porque é divertido poñerse o chaleco e así te fan mais caso e deixan todo colocado.
- E eu, pásoo mellor que no patio porque son axudante co meu amigo e estamos xuntos facendo todo.

Mestra:
- ¿Vos parece importante firmar o contrato?

Alumnado:
-   Si, porque é algo serio e si non ves, na biblioteca poden quedar cousas mal.
-   Claro, porque así faste más responsable, porque firmaches o contrato.
-   Claro, e tamén que tes que esforzarte, e un día que che apeteza xogar no  patio, pois tes que vir porque tiñas que pensalo antes de firmar o contrato.

Mestra:
-  ¿Cales son as vosas tarefas?
Alumnado:
-   Pois axudar aos outros no que necesiten na biblioteca.
-   Si, axudalos a buscar libros ou contos nos estantes.
-   E tamén, colocar os libros que levaron de préstamo no seu sitio.
-   Ensinarlles a buscar os xogos no ordenador.
-   E as veces, tamén a enchufalo e apagalo.
-  Tamén, lles dicimos que teñen que falar baixo cando falan alto e molestan aos demais.
-  E somos os últimos en marchar da biblioteca, porque temos que mirar que quede todo colocado, libros, cadeiras y todo.

Quedounos claro, que saben o importante que é o que fan, e que están encantados axudando este rato na nosa biblioteca.

No hay comentarios: