12 nov. 2014

TAMÉN NÓS FACEMOS CINE....

O mércores 9 de novembro tivo lugar na Biblioteca un taller de DOBRAXE E EDICIÓN DE SON, temática moi ligada á que estamos a traballar neste curso. Contamos coa presensa de dobradores profesionais da RTVG (Radio Televisión de Galicia).Primeiro, utilizando monicreques, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fixeron un xogo dramático moi divertido no que nos mostraron todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe. Non é preciso falar máis, con que vexamos e por suposto escoitemos atentamente é dabondo:



  Se clicades na foto poderedes  ver a Sara Diego, Vera Taconni e Oscar en acción:

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d16584774k4511342o1l1/dobraxe-3

 E se clicades na seguinte imaxe poderedes ver a Pablo Rolland, Lidia Formigo e Oscar Mouriño:

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d16585010k2818929o1l1/dobraxe-4

 Para ver o resultado final podedes clicar no seguinte texto:


No hay comentarios: