11 abr. 2013

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


ABRIL, MES DOS LIBROS. De feito iredes vendo en multitud de lugares de ámbito cultural diferentes referencias a esta frase. Para comenzar mirade que cartel máis fermoso.



        A IBBY declarou o 2 de abril Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. 

        Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.

Lemos xuntos, ti e  máis eu.

Vemos que as letras forman palabras

e as palabras convértense en libros

que estreitamos nas nosas mans.

Oímos susurros

 e ríos bulliciosos nas  sús páxinas,

osos que cantan

graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos

e das nosas mans suben ata as nubes

árbores florecidos. Vemos nenas valentes que voan

e nenos que atrapan as estrelas.

Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,

recorriendo el mundo con la alegría en los libros
                                                          
                                                                                      Poema de Pat Mora
       E como nesta data celebramos o necemento do excritos danés  H. Christian Andersen aquí vos deixo un dos seus contos  en versión animada,  trátase do titulado  " O VELLO FAROL " .
Disfrutádeo !!! :