27 mar 2020

ANÍMATE A CREAR UN COMIC!!!



Para facelo premede neste enlace:

Mi primer comic con sallybooks

Vai saír esta pantalla. NON TEDES QUE DARLLE A INICIAR SESIÓN.  So tedes que clicar no símbolo que marco dentro do círculo vermello, para ver a pantalla enteira.



E xa podes darlle á roda do ratón ou a barra lateral da dereita,  para ir lendo e vendo como facer o teu comic.
                                          QUÉDATE NA CASA CREANDO!!

24 mar 2020

QUÉDATE EN CASA!!!


ALGÚNS RECURSOS PARA ESTAR MELLOR NA CASA!!!


Dende a biblioteca da Meiga Tintureira queremos que, este tempo que imos pasar nas nosas casas, vos resulte máis divertido e doado. E por iso,  o longo destes días subiremos recursos de lectura, contos, audiocontos, paxinas para achegarse a recursos gratuítos, etc. Todo o que atopemos para que podades vivir aventuras, viaxar, coñecer, sentir, soñar...pero dende casa. Aquí van os primeiros e esperamos que vos gusten.

A Meiga Titureira e os profes, Botámosvos moito de menos. Pero sabemos, que pronto na nosa biblioteca imos escoitar os vosos pasos as vosas risas, seguiremos aos vosos ollos buscando libros e veremos ás vosas mans rebuscando libros e contos. 

Ánimo! Todo vai saír ben!. 







25 feb 2020

Sesión de contacontos para 5º de E.I. no proxecto dos zapatos, co conto "Sabela e as zocas máxicas" e o obradoiro de facendo a Sabela!!!






En febreiro, namórate na biblioteca da Meiga Tintureira!!!!!!

Este mes a Meiga Tintureira espéranos na biblio coas "CITAS A CEGAS CUN LIBRO". Nestes libros sorpresa atoparás personaxes, lugares e tramas que decoñeces. Animádevos!!! Moitos pretendentes están esperando!!!



 
E tamén, se tedes sede de lectura, convidámoste a sorbiños de amor dulce, con frases de libros, escritoras e escritores. Degusta os nosos sabores literarios!!!


3 feb 2020

Visítanos Paula Carballeira autora de "Bruxa e familia"!!!"

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria, tiveron a visita de Laura Carballeira. A Editorial Santillana, trouxonos a autora do libro do proxecto lector "Bruxa e familia". Foi unha sesión moi entrañable e gozaron escoitando e compartindo coa escritora.



Hora de ler na biblioteca!!!