A proposta da nosa Meiga para o xoves 25 de abril foron CONTOS CONTADOS POLO PROFESORADO!!! Todos inmersos na lectura das nosas historias preferidas!!!!
A proposta da nosa Meiga para o xoves 25 de abril foron CONTOS CONTADOS POLO PROFESORADO!!! Todos inmersos na lectura das nosas historias preferidas!!!!
Hoxe poidemos desfrutar ao longo da mañán dos NOVOS RECUNCHOS instalados temporalmente nos rellanos das escaleiras: diante da Biblioteca, diante dalgunhas aulas... colocados estratéxicamente para que tod@s os tivésemos á man e poidésemos ter acceso aos novos exemplares antes de que pasen aos andeis da Biblio.
Unha xornada inesquecible na que o tempo atmosférico foi un bo aliado.
Cada un de nós colleu o que máis lle apetecía ler (xornais, poesía,
cómic...) e TODOS FÓRA!:
Como xa sabedes o 23 de Abril celebramos o día Internacional do libro.
Dende o Equipo da Biblioteca estamos a preparar unha semana arredor desta data chea de actividades. Ídevos preparando a disfrutar do pracer da lectura.
Aquí vos deixamos o programa:
Un novo selo para continuar o noso camiño, para avanzar e ir completando
a Compostelana no TINTUPEREGRINANDO deste ano:
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
O vindeiro 2 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data moi cercana ao vindeiro 23 do mesmo mes no que celebramos o DIA do LIBRO.
Específicamente este ano o lema é:
Navega polos mares coas alas da túa imaxinación
A ilustración do cartel é da ilustradora xaponesa Nana Furiya.
Se clicades na imaxe poderedes ver o poema elaborado para a ocasión por Eiko Kadono, escritora xaponesa, que afirma:
" Empezar a ler un libro é como abrir unha porta a un mundo diferente. Unha porta que non se pecha ao final da historia, sempre hai outra que agarda para ser aberta..."
O pasado 1 de marzo tivemos a visita do fundador da asociación FRAN-GIL que loita para facer máis doada a vida das persoas que padecen un tipo específico de cancro que é a leucemia. O seu lema é "REGALA VIDA" e baixo esta perspectiva, o alumnado de 5º e 6º foi o receptor dunha interesantísima charla cun punto de vista moi humano e cercano aos rapac@s. Contounos a orixe da: Marcha Solidaria “700 Camisetas Contra La Leucemia”.
GRACIAS!!!!
A recopilación de materiais para esta celebración tédela no recuncho que está a carón do posto bibliotecario, aquí vos deixamos algúns exemplos.
Baixo a proposta do Equipo de Normalización lingúitica, do Comedor Escolar, da Biblioteca todo o alumnado do Centro se sumou á celebración da homenaxe a Rosalía de Castro.
Aprendemos o poema MIÑA CASIÑA, MEU LAR (aquí vos deixamos unha proposta do ceip de Seixalbo) do seu libro Follas Novas....onde se orixinou a idea do famoso CALDO DE GLORIA que é seguido na nosa Terra por moitas cociñeiras e cociñeiros como reivindicación da nósa cultura culinaria, houbo recitado colectivo, biografía e claro está, non faltaron os gaiteiros!!!!!
Mesmo nos atrevemos a reimaxinarnos como sería Rosalía na actualidade baixo a proposta do ilustrador galego Aarón Fernández Martínez.
Lembrade que están á vosa disposición os materiais para o proxecto deste curso:
" DESTINO SANTIAGO: TINTUPEREGRINANDO "
Este é o novo material recén chegado: