Un novo selo para continuar o noso camiño, para avanzar e ir completando
a Compostelana no TINTUPEREGRINANDO deste ano:
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
Un novo selo para continuar o noso camiño, para avanzar e ir completando
a Compostelana no TINTUPEREGRINANDO deste ano:
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
O vindeiro 2 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data moi cercana ao vindeiro 23 do mesmo mes no que celebramos o DIA do LIBRO.
Específicamente este ano o lema é:
Navega polos mares coas alas da túa imaxinación
A ilustración do cartel é da ilustradora xaponesa Nana Furiya.
Se clicades na imaxe poderedes ver o poema elaborado para a ocasión por Eiko Kadono, escritora xaponesa, que afirma:
" Empezar a ler un libro é como abrir unha porta a un mundo diferente. Unha porta que non se pecha ao final da historia, sempre hai outra que agarda para ser aberta..."
O pasado 1 de marzo tivemos a visita do fundador da asociación FRAN-GIL que loita para facer máis doada a vida das persoas que padecen un tipo específico de cancro que é a leucemia. O seu lema é "REGALA VIDA" e baixo esta perspectiva, o alumnado de 5º e 6º foi o receptor dunha interesantísima charla cun punto de vista moi humano e cercano aos rapac@s. Contounos a orixe da: Marcha Solidaria “700 Camisetas Contra La Leucemia”.
GRACIAS!!!!
A recopilación de materiais para esta celebración tédela no recuncho que está a carón do posto bibliotecario, aquí vos deixamos algúns exemplos.
Baixo a proposta do Equipo de Normalización lingúitica, do Comedor Escolar, da Biblioteca todo o alumnado do Centro se sumou á celebración da homenaxe a Rosalía de Castro.
Aprendemos o poema MIÑA CASIÑA, MEU LAR (aquí vos deixamos unha proposta do ceip de Seixalbo) do seu libro Follas Novas....onde se orixinou a idea do famoso CALDO DE GLORIA que é seguido na nosa Terra por moitas cociñeiras e cociñeiros como reivindicación da nósa cultura culinaria, houbo recitado colectivo, biografía e claro está, non faltaron os gaiteiros!!!!!
Mesmo nos atrevemos a reimaxinarnos como sería Rosalía na actualidade baixo a proposta do ilustrador galego Aarón Fernández Martínez.
Lembrade que están á vosa disposición os materiais para o proxecto deste curso:
" DESTINO SANTIAGO: TINTUPEREGRINANDO "
Este é o novo material recén chegado:
Xa tedes á vosa disposición os libros referentes ao tema da Paz na Biblio. Un novo recuncho no expositor doble do medio da Biblio, ao lado do posto bibliotecario.
Podedes utilizalos cando vaiades á biblioteca lembrade que non os podedes levar á casa ata que se desmonte a exposición.
Seguro que estes días vos chamou a atención o novo cartel do atril das escaleiras. Animámosvos a esta nova actividade para gañar un novo selo do voso pasaporte:
Pedídelle á vosa titora a pegada para facer o voso pareado!
Como
xa sabedes o 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. É unha celebración a nivel mundial coa que se pretende que
nos conciencemos acerca de acerca de valores tan fundamentais coma a
tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humáns a non
violencia... Nós tamén nos preparamos!!!. Esta semana faremos talleres para facer pareados relacionados coa temática da Paz de 2º a 6º e os máis cativos unha palabra. Tamén
estamos preparando a canción que cantaremos todos xuntos "Danza da Paz".