15 feb 2023

AS RECEITAS LITERARIAS DA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: FESTEXAMOS SAN VALENTÍN PORQUE COMPARTIMOS. NESTE CASO, UNHA RECEITA.

 A nosa pequena Claudia Carneiro, fai xa tempo que nos troixo con moito "LOVE", esta receita de galletas.

Por ser hoxe un día moi agarimoso, Día De San Valentín, pensando que era unha ocasión moi especial para probalas.

Que non perdan o tempo os ladróns de Bumblefort, porque non quedaron nin as faragullas!

Compartimos a receita con permiso de Claudia, por petición da nosa afección.


A BIBLIOTECA COMO LUGAR PARA A BUSCA DE INFORMACIÓN: CONCURSO DO COMEDOR "ADIVIÑA QUE LLE BOTARON NA COCIÑA"... ¿QUE LEVA A MASA DA PIZZA?

 

1 feb 2023

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "NON SOMOS LIXO" E COMO NÓS, TAMÉN RECICLAMOS.

 Botella, que soñaba con ser outra cousa, pasaba as horas agardando que algo emocionante lle pasara...

E isto foi o que lles pasou aos vasiños dos nosos iogures ecolóxicos de XANCEDA. Non hai nada máis emocionante que ter unha segunda vida mellor, como envase da nosa versión de tarta da voa, e acabar na festa de aniversarios do CEIP A PAZ!!!

Menuda a que montamos! E ademais dos aniversarios de unha chea de nenos que cumpriron en xaneiro, esta vez, tamén se animaron a celebralo con nós, As Profes Patri, Eva e Elena Pena, o coidador Alex e Vera. Parabéns a todos!!!.

Unha moi boa recomendación lectora, para seguir coidando do noso planeta e avanzando co proxecto "Érase unha vez... a historia de ler"