9 may 2022
CONTO CON OBRADOIRO: A VIAXE DAS BOLBORETAS DE PAULA CARBONEL Y CHENÉ GÓMEZ
22 abr 2022
VISITAMOS A SALA ÁRTIKA PARA VER A OBRA DE TEATRO DA "XANELA DE MAXÍN": A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas. Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e nenos gozaron, con esta historia, cunha visión dun tema tan natural como a vida mesma, onde apareceron valores como a valentía, o respecto ou a cooperación.
A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
Este espectáculo foi proposto
e patrocinado pola nos ANPA, para todo o alumnado do centro. Da man de Iván
Davila, gozamos con historias tradicionais do medio rural
que tiñan como protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña,
etc. Ensinándonos a coidar e respectar a natureza, a
implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación para
a resolución de conflitos, e a
valorar e fomentar a nosa lingua.
7 abr 2022
CONTO CON OBRADOIROS: "EL VIAJE DE LAS MARIPOSAS"
Nestas sesións de biblioteca e atención educativa co alumnado de 5 anos, creamos bolboretas e falamos da sorte de compartir o que temos ou sabemos facer. De que ás veces pedimos axuda e outras, nola piden.
Tamén, imaxinamos como sería a nosa vida sendo unha bolboreta, que cousas nos gustaría ou poderíamos facer.
E para rematar, pensamos e compartimos que, si fósemos bolboretas e puidéramos regalar as nosas ás... ¿a quen o fariamos? e ¿por que?: a unha cama para ter soños voando; a unha casa para viaxar por todo o mundo e non necesitar facer maleta; a un avó que está malito para puidera voar e sentirse mellor, a un irmán porque o queremos moito, a unha mosca para que teña ás máis grandes e poida chegar máis lonxe, a un amigo meu que sempre me fai coxegas para que me ría... Dixeron cousas moi bonitas e interesantes!
31 mar 2022
CONTOS DO CALDEIRO: "A CADEIRA DIMINUTA"
Esta actividade da biblioteca, parte dun caldeiro máxico que nos deixou a nosa Meiga Tintureira. Un caldeiro para poñer a funcionar á nosa imaxinación e creatividade para inventar historias e xogar con eles.
Dentro hai obxectos que ella nos deixa uns días, nos que tentamos adiviñar de onde os sacou, de quen serán, para que os terá ela, etc.
Nesta ocasión inventamos historias de cadeiras e mirade o ben que o pasamos, xogando con elas.
CONTO CON OBRADOIRO: "LOS ZAPATOS DE ORUGA" THE OLD BRANCH
CONTOS DO MUNDO: UN CONTO EN FRANCÉS TITULADO "POP ARTISTE"
Comezamo esta actividade nas sesións de Atención Educativa, porque creemos que escoitar outros idiomas, cousa que lles parece moi simpatica, é outra maneira de abrirlles a mente. Ensinarlle contos que aparentemente non entenden escoitando, e que cando ven as imaxes, poden adiviñar que está pasando e o que dín os seus personaxes.
Por outra banda, saber que todos os nenos e nenas do mundo teñen contos nos seus idiomas, algún iguais aos nosos, pero outros como este, que non está publicado en castellano ou galego, foi toda unha sorpresa. e déronse conta que temos moito que aprender de todos e todas no noso mundo.
24 mar 2022
TIVEMOS UN AGASALLO DA NOSA MEIGA TINTUREIRA PARA TODO O ALUMNADO. UN LIBRO PARA CELEBRAR A FESTA DA RECONQUISTA.
A Meiga Tintureira, deixou nas aulas un agasallo para cada un de nós, para que coñezamos mellor a festa que imos celebrar o vindeiro luns 28 de marzo: O libro de Amaia Mauleón e Pablo Rosendo, titulado "Cíes e Roque: OPERACIÓN RECONQUISTA".
Moitas grazas á nosa Meiga Tintureira!















































