25 ene 2019

RECUNCHO DOS ORDENADORES ABERTO!

Esta semana seguimos con novidades e melloras na biblio. Por fin temos o recuncho dos ordenadores aberto e en funcionamento para todos os nenos e nenas que durante o recreo ou polas tardes, desexen buscar información, adentrarse na páxina da escola ou nos diferentes blogs da mesma para estar á última nos acontecementos de Tintureira, ademais de poder xogar a través dos diferentes links.

Para un bo uso e funcionamento deste recuncho, é moi importante ter presentes as normas que a Meiga Tintureira foi ideando con moito coidado e agarimo durante o primeiro trimestre.

Por iso que...velaquí as tendes!





RECORDA QUE...

SÓ PODERÁS NAVEGAR POLOS ACCESOS DIRECTOS QUE TEDES NO ESCRITORIO

TES QUE AVISAR AOS MESTRES OU AXUDANTES DA BIBLIOTECA PARA QUE TE ANOTEN NA FOLLA DE REXISTRO E CHE ADXUDIQUEN UN ORDENADOR

E por último, uns consellos á hora de navegar por Internet que debes ter moi presentes:



Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.














23 ene 2019

DEREITOS DAS ÁRBORES

Aínda que as árbores non falen e non se movan, teñen uns dereitos que debemos respectar porque, coma nós, tamén son seres vivos!


E recorda que...QUEN TEN UNHA ÁRBORE, TEN UN TESOURO MOI NATURAL!



ACTUALIZACIÓN DAS NORMAS DA BIBLIOTECA


Esta Meiga Tintureira está moi ilusionada este curso coa nosa biblio e non deixa de traernos novidades de todo tipo!

Esta vez...UNHAS NOVAS NORMAS PARA A BIBLIOTECA! 

Seguro que coa finalidade de que funcione mellor aínda, sabendo todos e todas o que podemos facer na mesma.



Recorda que a biblioteca é un espazo, dentro da escola, por e para todos/as! Por iso non esquezas coidala e respectala.


Un saúdo, da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

17 ene 2019

NOVA SECCIÓN: CONTOS SOBRE ANIMAIS DO BOSQUE

Estamos de estreno estes días! Temos unha nova sección dentro da biblio que ten moito que ver co noso proxecto. Que será, será? Pois unha sección adicada a CONTOS SOBRE ANIMAIS DO BOSQUE!

Nela podedes atopar diversos contos que teñen  como protagonistas lobos, mouchos, esquíos, diversos paxaros... e un sinfín de animais que viven nos nosos montes e que esperan que disfrutedes das súas aventuras.

Esperamos que vos guste.




Unha aperta da vosa  amiga, a Meiga Tintureira.

16 ene 2019

RECUNCHO SOBRE A PAZ

A nosa amiga, a Meiga Tintureira, volveu facer das súas!

Unha vez máis chegamos a escola e atopamos novos carteis nas diferentes entradas do colexio e da biblioteca!

Esta vez, deixounos na biblio un novo recuncho sobre a PAZ, no que podemos atopar diversos contos e libros sobre a vida de personaxes destacados coma: Malala, Gandhi, Mandela, María Teresa de Calcuta... ademais de obras literarias relacionadas coa amizade, os valores, etc.







Un recuncho para aprender e disfrutar cos nosos compañeiros e compañeiras, onde a importancia do respecto e solidariedade queda latente.


Camiñando cara a PAZ


“Un niño, un profesor, un libro y una pluma pueden cambiar al mundo. La educación es la única solución” (MALALA)


Como xa sabedes o vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Tendo como obxectivo a educación na tolerancia, solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Neste día os centros educativos sirven como instrumento da paz e do entendimento entre persoas de distinta formación, raza cultura e relixión.

E para ir abrindo boca...aquí tendes diversos enlaces que poden ser do voso interese para investigar sobre diversas persoas que co seu esforzo e dedicación intentaron facer deste mundo, un mundo mellor:






Para os máis pequechos...unha pequena poesía sobre a PAZ da grandísima Gloria Fuertes titulada "Solo tres letras":


Cun pequeno reto final! A ver se averiguades cantas veces aparece a palabras TRES na poesía?

Por último, as ansiadas cancións que imos cantar xuntos no DÍA DA PAZ:




Agora toca practicar e practicar moito!


Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.


26 dic 2018

GUÍA DE LECTURAS PARA TEMPOS FRÍOS.....

        Un ano máis aquí estamos de volta coa nosa Guía de lectura recén editada para que teñades, se o considerades, unha nova proposta de lecturas para este Nadal. Este ano decidimos cambiar e facer un monográfico sobre o tema no que estamos liados este curso, xa sabedes: BOTÁMONOS AO MONTE....Unha guía sobre árbores, contos E POEMAS relacionados cos bosques, ....para amar e coñecer o noso medio.
DISDFRUTÁDEA EN FAMILIA !!!! 

 https://issuu.com/inesmartinez/docs/gu_a_de_nadal_2018_4

21 dic 2018

BO NADAL!

Con estas nubes de palabras, a Meiga Tintureira deséxavos un BO NADAL a todos os nosos lectores e lectoras!

Esperamos que disfrutedes en moi boa compañía destes días e que non falte un conto, un libro co que poder soñar e imaxinar un mundo mellor!




3 dic 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa finalidade de mellorar as medidas e accións destinadas ás persoas con discapacidade e favorecer a igualdade de oportunidades de todos e todas.

Os alumnos e alumnas de 2ºA e 2ºB aproveitaron a hora de ler para visualizar o videoconto titulado “El cazo de Lorenzo”.

Nel descubriron que todos e todas temas un “cazo”, máis grande ou máis pequeno, de diferentes materiais, de diferentes cores, por diferentes motivos...que nos acompaña sempre e que, non só debemos aprender a vivir con el, senón que pode ser o noso trampolín para chegar máis alto.



Se pinchades no título do conto poderedes disfrutar desta fermosa historia. Esperamos que vos guste!

29 nov 2018

CHEGARON OS CONTOS DE NADAL!


Esta semana recibimos unha nova mensaxe da Meiga Tintureira a través de diferentes carteis situados nas entradas da escola e da biblioteca!



Moi entusiasmados e entusiasmadas descubrimos na biblioteca un novo recuncho con contos sobre o Nadal e a súa maxia.

Entre eles podedes atopar títulos coma: “Os tres Reis Magos de Oriente”, “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”, “Mi libro de adviento”, “Feliz Navidad, Mauro”, “Feliz Navidad”, “El pequeño dragón Coco y Papá  Noel”, “O Nadal de Ernesto e Celestina” e...moitos máis que todavía están de camiño, xa que esta Meiga Tintureira non para! De onde virá tan cargada?



Animádevos a disfrutar deste novo recuncho cheo de cores, ilusión e de soños!

Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.