23 oct 2015

24 de OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS, e tamén das escolares.

" O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecemento, pero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos. Porque iso son as actuais bibliotecas, eses "terceiros lugares" capaces de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto tipo. As bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito dos esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé. " (Blog Bibliotecas escolares de Galicia)

22 oct 2015

O INVENTOR DE PAXAROS



       O libro de Ximo Abadía foi o elexido para iniciar o tema deste curso arredor da Ciencia e presentárllelo aos máis cativos da escola ao mesmo tempo que a carta da Meigatintureira.



        Logo traballaron nuns talleres nos que os máis cativos picaron as casiñas para os paxaros que inventaron os alumnos/as de primeiro e segundo.


19 oct 2015

HORARIO DE INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA



Coincidindo coa semana das Bibliotecas, inauguramos oficialmente o curso!!!!

CARTA MEIGATINTUREIRA!!!!!!

     Ola unha vez máis nenas e nenos!. Nesta ocasión non vou contar unha das miñas viaxes. Xa sabedes que aproveito os veráns, cando vós non estades no colexio, para viaxar polo mundo adiante.
    Tamén teño feita algunha viaxe submarina e unha interplanetaria. O que non fixera nunca foi unha viaxe polo tempo. E abofé que o intentei, aínda que non o conseguín.
    Eu quería viaxar ao pasado para coñecer a eses grandes homes e mulleres que fixeron os grandes descubrimentos e inventos dos que disfrutamos hoxe en día e que nos fan a vida máis agradable.
Estas mulleres e homes son os científicos...

18 oct 2015

COMENZAMOS UN NOVO CURSO... SABES QUEN É ESTA SEÑORA TAN ELEGANTE?

http://issuu.com/inesmartinez/docs/presentaci__n1
                                                                   Clica na imaxe para ampliala

    Pois estate atento/a!.
   Seguro que xa viches o logo da Biblioteca e da Meigatintureira por algures e iso anúnciache que empezamos de novo a nosa andadura, un curso máis cando aló polo curso 2008-09 nos englobaron dentro do PLAMBE e xa era o terceiro curso que andabamos a fedellar cos libros e coas cousas das letras. 

15 jun 2015

CHEGA O VERÁN....

E con él unhas máis que merecidas vacacións, pero antes de despedirnos non esquezades as recomendacións da Meigatintureira para pasar un verán de ALU*CINE á beira do mar, na montaña ou onde queirades:

14 jun 2015

PARABÉNS A ESTE NOVO EXEMPLAR DA NOSA REVISTA "O RECHOUCHÍO"

Un ano máis aquí temos un novo exemplar da nosa revista escolar, o nº XIII, xa comeza a ser unha longa andadura... Este ano, en formato de cine, cada curso traballando coa edición de imaxe fixo a súa proposta, disfrutádea pinchando na fotografía:


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipapaz/?q=node/429

1 jun 2015

FESTIVAL CANS-TINTUREIRA: CINEFÓRUM EN GALEGO

    

    En colaboración có Equipo de Dinamización Lingüística fixéronse varios Cinefórums programados para os diferentes niveis, nos que se analizaron varias películas: A tartaruga que quería durmir, Detective Conan, Asterix e Cleopatra e O Bosque animado.
       Pinchade no nome das películas e poderedes velas a través do enlace.
        Aquí vos deixamos tamén as fichas para traballar na aula:
 

25 may 2015

COLABORANDO CON OUTROS CENTROS: CPI DE MONDARIZ

       Fai catro cursos xa nos prestaran unha exposición sobre o CÓMIC que preparara o alumnado de 1º de ESO de dito centro para a asignatura de Proxecto Interdisciplinar e que completaramos con traballo feito no noso centro referente ao mesmo tema. Este  curso traballamos co personaxe de MAFALDA e o seu mundo no seu 50º aniversario. O alumnado de 1º da ESO preparou un pequeno montaxe sobre Mafalda e os seus personaxes, material que aproveitamos para facer a exposición e programar unhas tarefas para traballar co alumnado nas derradeiras sesións de Biblioteca investigando en diferentes medios e soportes ao mesmo tempo que traballando de xeito colaborativo. 



Clicando nas imaxes pódese acceder aos caderniños:

http://issuu.com/inesmartinez/docs/caza_tesoro_mafalda_1___e_2__/1 Caderniño para 1º e 2º

http://issuu.com/inesmartinez/docs/infantil_mafalda/1http://issuu.com/inesmartinez/docs/mafalda_4____5___e_6__/1
  
Caderniño Infantil         






                          Caderniño 3º, 4º, 5 e 6º.


24 may 2015

I CONCURSO DE REDACCIÓN E DEBUXO DO CEIP A PAZ

Estreamos concurso de redacción e debuxo este curso promovido pola ANPA baixo un título moi orixinal e motivador:

" O CABALEIRO QUE PERDEU O SEU NOME "

 Participou o alumnado do centro dos diferentes niveis, con diferentes propostas:
  • Poñerlle nome ao Cabaleiro,
  • Debuxalo e 
  • Inventar unha historia na que él fose o protagonista. 




 QUE VIVA VALENTÍN,  O NOSO CABALEIRO!!!!! 

17 may 2015

IV MERCADIÑO SOLIDARIO DE LIBROS USADOS

   Outra edición máis, imos camiñando paseniñamente  nunha actividade que reune á todos os membros da nosa comunidade educativa, unha invitación especial para as familias. Dende este blog darvos a todos as grazas pola vosa colaboración: este ano, despois do intercambio cos consabidos Tintur€uros, a nosa moeda oficial, consegiuse recaudar 374 € para a ONG coa que colaboramos este curso, Save the Children. 

Grazas, Grazas, Grazas......



6 may 2015

VISITA Á BIBLIOTECA NODAL DE VIGO

O alumnado de 6º visitou a Biblioteca Nodal de Vigo situada no Casco Vello da nosa cidade. Dividíronse en grupos e colaborativamente tiveron que resolver as propostas das pistas a resolver baseadas no coñecemento da CDU (Clasificación Decimal Universal) coa que están clasificados os fondos das bibliotecas.