Nesta segunda sesión do programa de Qontarte, os alumnos e alumnas de infantil escoitaron varios contos a petición deles. Despois remataron cun obradoiro de plástica relacionado coa alimentación.
7 jun 2014
23 may 2014
EUROPA Á CARTA
Un ano máis o noso alumnado está a participar na campaña QONTARTE 2014, patrocinada polo departamento de Educación do Concello de Vigo e en colaboración coa editorial OQO.
A primeira proposta desta campaña foi un obradoiro titulado " Cociñando contos" no que o alumnado de sexto de Primaria coñeceu varios países europeos a través dunha viaxe pola súa gastronomía. Non só aprenderon o nome dos seus platos máis típicos, senón que elaboraron un menú, calcularon os prezos e investigaron propostas de ocio.
17 may 2014
CONTACONTOS: XAN DAS ONDAS
Grazas á colaboración do ANPA puidemos comenzar a celebración do Día das Letras Galegas escoitando a historia de Xan das Ondas, representada polo grupo Barafunda. Así coñecimos a Xan, un rapaz ao que lle gustaba moito o mar e que, para devolverlle as súas ondas, emprendeu unha gran aventura.
14 may 2014
O NENO E A ESTRELA
"O neno e a estrela" é o título dun conto editado polo colectivo Fabaloba que trata sobre Díaz Castro de neno. Este conto inspírase no seu libro de poemas NIMBOS. Paga a pena que o leades. Para facelo, premede sobre a imaxe.
PENÉLOPE
Noraboa aos que acertastes! PENÉLOPE é o nome de muller que dá título ao poema de Díaz Castro máis coñecido.
Por se queredes lelo de novo...
PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Por se queredes lelo de novo...
PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
13 may 2014
SEGUIMOS DE CONCURSO
Destes coa resposta á pregunta do luns? Pois si, o título do único libro que publicou Xosé Mª Díaz Castro é NIMBOS.
12 may 2014
CONCURSO " XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO"
Aquí tendes a resposta correcta á pregunta do venres 9 e, como aínda estades a tempo, tamén a pregunta para o sorteo de mañán martes.
10 may 2014
CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014
Anímate! Aproveita todo o que sabes sobre Xosé Mª Díaz Castro e participa no concurso deste ano.
Os afortunados e afortunadas que respondan correctamente a pregunta de cada día recibirán un agasallo. Lembra que o sorteo farase na hora do recreo. Boa sorte!
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO
Prepáramonos de novo para celebrar o Día Das Letras Galegas e , para que saibades máis do homenaxeado, aquí deixamos un libro Lim elaborado polo alumnado do CEIP Condesa de Fenosa de Valdeorras. Ao premer na foto de Xosé Mª Diaz Castro atoparedes unha pequena biografía e actividades para coñecelo mellor.
29 abr 2014
DÍA DO LIBRO
Para commemorar o Dia do Libro... que mellor que COMPARTIR lecturas! Así o fixeron os maiores cos pequenos do colexio como se pode comprobar nesta reportaxe fotográfica.
27 mar 2014
SEMANA DA POESÍA
Os días 25, 26 e 27 de marzo celebrouse
no colexio a Semana da Poesía coa participación de todo o alumnado.
Aproveitamos para lembrar o aniversario de Antonio Machado e tamén para recitar e cantar poemas sobre o mar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






