"O neno e a estrela" é o título dun conto editado polo colectivo Fabaloba que trata sobre Díaz Castro de neno. Este conto inspírase no seu libro de poemas NIMBOS. Paga a pena que o leades. Para facelo, premede sobre a imaxe.
14 may 2014
PENÉLOPE
Noraboa aos que acertastes! PENÉLOPE é o nome de muller que dá título ao poema de Díaz Castro máis coñecido.
Por se queredes lelo de novo...
PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Por se queredes lelo de novo...
PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
13 may 2014
SEGUIMOS DE CONCURSO
Destes coa resposta á pregunta do luns? Pois si, o título do único libro que publicou Xosé Mª Díaz Castro é NIMBOS.
12 may 2014
CONCURSO " XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO"
Aquí tendes a resposta correcta á pregunta do venres 9 e, como aínda estades a tempo, tamén a pregunta para o sorteo de mañán martes.
10 may 2014
CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014
Anímate! Aproveita todo o que sabes sobre Xosé Mª Díaz Castro e participa no concurso deste ano.
Os afortunados e afortunadas que respondan correctamente a pregunta de cada día recibirán un agasallo. Lembra que o sorteo farase na hora do recreo. Boa sorte!
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO
Prepáramonos de novo para celebrar o Día Das Letras Galegas e , para que saibades máis do homenaxeado, aquí deixamos un libro Lim elaborado polo alumnado do CEIP Condesa de Fenosa de Valdeorras. Ao premer na foto de Xosé Mª Diaz Castro atoparedes unha pequena biografía e actividades para coñecelo mellor.
29 abr 2014
DÍA DO LIBRO
Para commemorar o Dia do Libro... que mellor que COMPARTIR lecturas! Así o fixeron os maiores cos pequenos do colexio como se pode comprobar nesta reportaxe fotográfica.
27 mar 2014
SEMANA DA POESÍA
Os días 25, 26 e 27 de marzo celebrouse
no colexio a Semana da Poesía coa participación de todo o alumnado.
Aproveitamos para lembrar o aniversario de Antonio Machado e tamén para recitar e cantar poemas sobre o mar.
21 feb 2014
VISITA DA ESCOLA INFANTIL "LÚA"
Entre as actividades realizadas para celebrar a visita do alumnado de dous anos da Escola Infantil Lúa, destaca a estancia na nosa biblioteca onde disfrutaron da visita dunha pirata moi especial.
18 feb 2014
CONTACONTOS
Os nenos e nenas de Infantil disfrutaron na biblioteca dun magnífico contacontos: O Señor Gravata Torta.
3 feb 2014
TEATRO PARA A PAZ
O grupo de teatro do colexio, co gallo do Día da Paz representou a obra titulada "Líos no parque" ( ¡Con grande éxito de crítica e público!)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





