Aquí chegan as suxestións lectoras da Meigatintureira:
17 dic 2012
12 dic 2012
12 DO 12 DO 12 ÁS 12 E 12
Que qué é esto? pois é que as veces
hai días especiais, por cousas varias e a de hoxe xa é casualidade. Esta
mañá cando puxéchedes a data nas libretas de clase seguro que vos
decatáchedes:
12-12-12.
Unha data irrepetible. Para celebralo o profe Luis convocou a través do
seu blog á súa clase para celebralo na Biblioteca, a voz correuse e ao
final éramos unha chea deles/as. Para preparar os ánimos, un conto: "El
elefante no puede dormir " de Ed. Blume, un fermoso conto tradicional
chino.
Labels:
12-12-12,
El elefante no puede dormir.
2 dic 2012
MARILUZ A AVESTRUZ...
MARILUZ, QUE NON MIRA A LUZ,
MARILUZ A AVESTRUZ !!
Os pais de Enma de Infantil de 3 viñeron a contarlles aos seus compañeiros o conto de " Mariluz, a avestruz " de Rachel Chaundler con ilustracions de Bernardo Carvalho de OQO. Mirade que fermosa Avestruz nos trouxeron e ata unha pegatina coa protagonista nos deixaron. Para os que queirades lembrar o conto, con canción incluida, desta presumida avestruz que para non desfacer a súa cola durmía coa cabeza enterrada, podedes velo a continuación:
VISÍTANOS O BARDO ABELARDO
Sabedes que é un Bardo? Unha persoa que dende a antigüedade vai dun lugar a outro contando e cantando historias.. un personaxe casi desaparecido na nosa sociedade pero un dos poucos que quedan, O Bardo Abelardo, visitou a nosa Biblioteca e os rapaces e rapazas de Ed. Infantil pasaron un rato moi entretido cos seus contos, cancións...
25 nov 2012
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un deses dias que non deberan estar no calendario, non é un día precisamente para lembrar porque teñamos algo que festexar, senón todo o contrario. Ben certo é que coa educación podemos facer que o noso entorno, o noso mundo sexa un pouquiño mellor. A nosa aportación neste día vai ser unha adaptación do conto de Adela Turín e Nella Bosnia: ROSA CARAMELO reeditado por Kalandraka.
A historia dunha pequena elefantiña que vive nunha manda de elefantes e elefantas que viven de maneira separada e fan cousas diferentes: os elefantes son grises, comen herba verde, dúachanse no ría..... as elefantas son rosas, non comen herba verde..... e están encerradas nun valado onde comen unha flores que non lles gustan nada.....
A historia dunha pequena elefantiña que vive nunha manda de elefantes e elefantas que viven de maneira separada e fan cousas diferentes: os elefantes son grises, comen herba verde, dúachanse no ría..... as elefantas son rosas, non comen herba verde..... e están encerradas nun valado onde comen unha flores que non lles gustan nada.....
Non vos vou contar o final!
Labels:
Adela Turín,
Nella Bosnia,
Rosa Caramelo,
Violencia de xénero.
23 nov 2012
VAIA AMBIENTILLO...
22 nov 2012
USO RESPONSABLE DO MÓVIL E O PORTÁTIL
Dous videos moi clariños que nos dan unha serie de consellos básicos acerca da utilización deste dosu dispositivos cada ves máis frecuentes nas nosas vidas e nas dos que nos rodean. Vede atentamente e tomade nota.
Labels:
consellos de saúde.,
ordenador portátil,
teléfono móvil,
Tics
13 nov 2012
VOLTAMOS COAS PILAS CARGADAS...
Coma sempre A CITA das BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS con maiúsculas, un punto de encontro con compañeiros/as doutras Bibliotecas escolares, sempre unha oportunidade de aprender dos que saben moito e dos que empezan, de renovarse, sobre todo de COMPARTIR ( palabra que coñecemos ben as persoas que traballamos nas BE).
Incrible máis de 1.000 mestres e mestras, profesores e profesoras de ensino público de primaria e secundaria reunidos no seu tempo libre para reflexionar e aprender, e máis nos tempos que corren, nos que parece que cada un anda ao seu. Algo misterioso teñen as asesoras Pilar Sampedro, Cristina Novoa e Leonor Mazaira. Grazas polo voso esforzo e traballo en darnos o mellor para a nosa formación e a oportunidade de entrar en contacto cos personas da categoría dos ponentes que traedes ano tras ano. Outra vez GRAZAS!!!.
.
12 nov 2012
OUTRO BLOGUE NA NOSA ESCOLA
Dende o blogue da Meigatintureira a nosa noraboa por este recén esteado blogue da aula de 4º.
Recomendámovolo deixovos aquí un enlace e outro permanente, na parte dereita deste blog poñémosvos un enlace.
Os blogues serven para comunicar e este ben seguro que este será unha boa mostra, como dice o profe Luis, o seu creador aludindo ao título do mesmo e ao seu contido:
" Esta é a expresión que máis se escoita na clase. Sempre hai alguén con algo que contar, preguntar ou comentar.
E
moitas veces non hai nin tempo para contestar. Ao mellor este sitio
serve para iso: para falar das nosas cousas con tranquilidade e
compartir o que nos pareza interesante, curioso, divertido..."
BENVIDO A ESTE MUNDO DA BLOGOSFERA!!!!!!
8 nov 2012
UN CONTO PARA INAUGURAR E PARA ESCOITAR
Así comenzamos este curso celebrando o aniversario da Meigatintureira e o seu agasallo para todos os nenos/as do cole foi un conto que tamén fala dos aniversarios e das árbores, da súa memoria. Una presentación en power point acompañada dunha fermosa música ao piano de Marcial del Aladid, unhas ilustracións de Kiko da Silva e texto de Neira Cruz..
Un conto que comenza así :
" Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a semente dunha árbore, dun baobab? Ha medrar canda ti?, dixéronlle, e foi pasando o tempo. Cando Tano cumpriu cinco anos, ..."
" Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a semente dunha árbore, dun baobab? Ha medrar canda ti?, dixéronlle, e foi pasando o tempo. Cando Tano cumpriu cinco anos, ..."
Logo, coma en todos os aniversarios, cantamos e comemos pastel de aniversario como no conto de Tano e Baobab. E como non cantamos en varios idiomas. ¿ queredes lembralo ?, pulsa na tarta:
ANIVERSARIO FELIZ, ANIVERSARIO FELIZ.....
E que a MEIGATINTUREIRA se siga quedando con nós por moitos anos máis, oficialmente dende o curso 2007-08 que o colexio entrou no PLAMBE (PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación). Xa pasaron 5 anos, quen o ía dicir! Gracias por todos estos anos cheos de lecturas e bos momentos!! e por suposto grazas a todo o profesorado pola vosa colaboración e a Comunidade Educativa en xeral que fixéchedes posible poder chegar ata este punto!!! polo voso apoio e animosidade!!!
Labels:
Aniversario,
inauguración curso 12-13.
7 nov 2012
LER PARA VER: IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela, as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA,
cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa
biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos.
O lema destas xornadas, LER PARA VER recolle a
necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios
de comunicación, dos medios polos que se transmite información na
sociedade actual, unha sociedade na que a información se transmite fundamentalmente a través das redes sociais, o móvil, video...
Labels:
IV Xornadas BE de Galicia,
Ler para ver.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









