4 nov 2010

CHEGA O OUTONO... E OS MAGOSTOS!!!

Unha pequeniña recopilación poética sobre esta época do ano tan fermosa : vendimas, esfolladas, magostos, ....



MONDRIÁN NA BIBLIO...

Coñecedes a MONDRIÁN? Foi un mestre ao que lle encantaba tanto a pintura que se dedicou a pintar cadros a maior parte da súa vida. Pintaba cadros ABSTRACTOS, non usaba formas coñecidas, senón cores, formas e liñas que non se parecían en nada á vida real. Os rapaces e rapazas de tres e catro anos tentamos imitalo.... mirade:



2 nov 2010

MEZCLA CORES... E FAI UN CASI.....!!!



Para a inauguración da Biblioteca este curso eleximos dous libros: un titulado " Casi " de edicions Serres para os máis pequenos e para o segundo e terceiro ciclo " La verdadera historiade los colores " da editorial Lóguez. Narrados pola profesora Mª José de 5º e apoiada coas imaxes en Power Point dos contos.



Esperábanos a Meigatintureira que nos presentou a súa carta en formato dixital:







As historias serviron de base para a realización de varias propostas plásticas:



E para seguir coa tradición tamén recibiu cada grupo un pequeno agasallo de parte da nosa Meiga: Mochilas para levar a casa os libros de préstamos para E. Infantil, novos carnets da Biblioteca e libros dos Bolechas para primeiro, contos para segundo, libros sobre a reciclaxe para terceiro e cuarto, e quinto e sexto exemplares da revista Circulando. Grazas Meigatintureira!!!



AQUÍ ESTAMOS DE NOVO...

Os pasados 28 e 29 de outubro celebramos a apertura oficial da Biblioteca. Este ano a nosa MEIGATINTUREIRA levaranos nunha viaxe arredor do mundo da Pintura, os museos..., baixo o lema: "ESCRIBIMOS CADROS, PINTAMOS HISTORIAS". Unha pequena mostra da viaxe que fixo este verán polos museos foi o mural que nos deixou na entrada
da Biblioteca.

Coma cada ano esperamos ansiosamente a chegada da súa carta que asoma as nosas clases por correo ordinario. Se queredes lembrala preme na imaxe do sobre:


26 may 2010

PENSAO ANTES DE PUBLICAR! : SEGURIDADE NA REDE


O pasado luns 31 de maio tivo lugar na Biblioteca unha charla para o alumnado de 5º e 6º sobre "O uso da rede e os riscos en Internet" impartida por membros da Brigada da Policia Nacional. Posteriormente repetiuse dous días máis tarde para as familias. Un tema que nos preocupa tanto aos mestres coma as familias e no que a colaboración resulta imprescindible, coma todos os que atinxen ao tema da Educación.





Se queres saber máis sobre o tema e non deixarte enganar, preme no seguinte enlace da organización SAVE THE CHILDREN:



25 may 2010

ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN...

Para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS un grupo de alumnos/as do segundo e terceiro ciclo e preparados polo Equipo de Normalización Lingüística ofreceronos o conto de Uxío Novoneyra: " Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" adaptado para teatro de marionetas. Tamén o celebramos cantando un dos poemas do autor musicalizado por Emilio Cao, para rematar non nos podíamos marchar sen un agasallo que nos preparara a Meigatintureira para esta celebración tan importante, un marcapáxiñas con imáxenes dese Courel que tanto amaba Uxío ..... (recorda que se queres imprimilo podes premer na palabra suliñada)



LA PRIMAVERA HA VENIDO Y NADIE.....



Xa o dicía o poeta Antonio Machado ... e para celebralo que mellor que un recital poético protagonizado polo alumnado de E.I. de 4 anos na Biblioteca dentro do programa dos Mércores lectores.

Os paxaros van voando
porque xa saiu o sol,
e contentos van cantando
a primavera chegou.

No campo hai bolboretas
e abellas de flor en flor,
todo está cheo de cores,
a primavera chegou.


17 may 2010

DIM 2010 ( Día Internacional do Museo)

Coma cada ano o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo. O lema deste ano é MUSEOS PARA A HARMONÍA SOCIAL, que alude a un contexto de entendemento mútuo, de pluralidade e tolerancia, no que se promova a creatividade dos individuos e a busca do común, pero tamén a diversidade e a diferenza coma un valor en sómesmos.
Aproveitando a ocasión deixámosvos un enlace para facer unha pequena visita virtual no MUSEO DO PRADO, por algunhas das súas obras máis destacadas:


e logo se vos apetece no seguinte enlace podedes facer alguns dos XOGOS que se vos ofrecen ou MONTAR UNHA ARMADURA. (Lembra premer nos enlaces ou palabras suliñadas para poder acceder)

Por suposto tamén podedes participar nas diferentes actividades que se propoñen dende os diferentes museos ou visitar as diferentes exposicións. Infórmate no seguinte enlace:



POEMAS DE UXIO NOVONEYRA MUSICADOS


Cain as follas, sinto unha cousa,
que se apousa en min e non me toca.
E chove para que eu soñe, para que eu soñe,
fala a tarde baixiño.....



Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home... (1952)

Hein d' ir ó Pía Páxaro i a Boca do Faro
deitarme no campo da Lucenza nun claro.
Hein d' ir á Devesa da Rogueira i a Donís
ó Rebolo á Pinza i o Chao dos Carrís...

(Os Eidos 1985)




No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

(Os Eidos 1981)


12 may 2010

LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA



Aquí está, un ano máis, o DIAS DAS LETRAS GALEGAS, como sabedes, adicado a Uxío Novoneyra, un poeta vencellado de forma especial á súa terra: O Courel. O noso alumnado está a preparar unha obriña de teatro baseada no seu conto : Ilda, o corzo e o xabarín. Subirémola ao blog para que a poidades ver.

Dende todas as escolas de Galicia estase a traballar arreo nestas datas. Enlazamos algunhas páxinas que poden ser de utilidade así como outras presentacións que xenerosamente puxeron á disposición de todos dende outras Bibliotecas Escolares galegas e dos ENDL.

Dende o Ceip Otero Pedraio poñen á nosa disposición unhas UNIDADES DIDÁCTICAS para E. I. e Primaria(premede no enlace):


Dende o IES de Arzúa unha fermosa homenaxe dende a FLORA DO COUREL:


Dende o CEIP Condesa de Fenosa do Barco este LIM LETRAS GALEGAS 2010 ( Libro Interactivo Multimedia) para facer dende o propio ordenador:



A PROPÓSITO DAS LETRAS ...." O FALAR DAS FADAS "


Ese é o título dun dos poemas de VALENTÍN LAMAS CARVAJAL ( poeta e xornalista galego, precursor do Rexurdimento e un dos fundadores con Manuel Murguía da Real Academia Galega) un fermoso poema en prol da nosa língua, " ESA FALA MELOSIÑA, ....... O FALAR DAS FADAS " publicado en Ourense no1880, cando a nosa língua se menospreciaba:

Fálame nesa fala melosiña
que celestiales armonías ten;
fálame na linguaxe da terriña
se é que me queres ben.
......
Xa de neno, esa fala melosiña,
o meu feitizo, a miña gloria foi;
fálame na linguaxe da terriña
se é que me tes amor.
(preme sobre a imaxe arriba para continuar lendo parte do poema)

11 may 2010

CONCURSO " O MUNDO DO CÓMIC "

Hoxe na hora do recreo fixemos o sorteo dos gañadores/as do concurso iniciado coa exposición do Cómic. Nel participou o alumnado do segundo e terceiro ciclo. O agasallo que lles tiña preparado a MEIGATINTUREIRA consistia nunha mochila da HORA DE LER e unha libreta co lema " BIBLIOTECAS ESCOLARES, ESPAZOS DE LECTURA". O alumnado que participou tamén levou un pequeniño agasallo.
Dende aquí dámosvos as gracias aos que participastes e aos profesores que os animástedes a facelo e por suposto:

NORABOA AOS GAÑADORES/AS !!!

ALBA e MARTA de 5º
SAÚL e MIGUEL de 6º