Este entroido co alumnado de 4 anos, nas sesións de Atención Educativa e Biblioteca, falamos sobre as máscaras e a necesidade de poder expresar o que sentimos e non ter que escondernos, non separarnos da nosa familia ou non saír da nosa casa. Todos temos que respectar aos demais como son e non burlarnos deles. Non pasa nada por non querer facer o que nos pide algún amigo ou amiga, non debemos consentir que nos obriguen. As máscaras son para xogar, non para esconderse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario