28 nov 2021

CONTO CON OBRADOIRO: "EL CAMBALACHE" DE JAN ORMEROD E ILUSTRADO POR ANDREW JOYNER

Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 5 anos, a recoñecer celos e conversar sobre eles.  Sobre o que sentimos ás veces, cando pensamos que algunhas persoas que queremos moitísimo, polo que fan o por como se comportan, fannos pesar que queren máis a outros.

Sacamos o que sentemos e por que o sentemos, cos nosos irmáns e irmás. E foi moi curioso, descubrir que abundaban máis os celos cara os primos e primas. Non lles gusta que cando veñen os seus primos de lonxe os seus pais e nais, lles dan bicos e apertas “todo el rato”. Ou que os avós e avoas, aos primos e primas fanlles agasallos cando veñen “y no es su cumpleaños”. Ou tampouco lles gusta, que “les dan dinero porque son más mallores, y los juguetes de pequeños también valen mucho dinero”. E saíron máis mostras de celos, que lles fan sentir mal, e pensar que queren mais aos outros.

Buscamos outras posibilidades máis tranquilizadoras, que poderían xustificar por que os noso seres queridos, actuaban así. E atopar estas posibilidades, creo que vai a axudarnos a que esteamos máis contentos e contentas, e que non interpretemos as accións dos outros, sempre de forma negativa para nós. 

Pero este conto, tamén deu pé a un obradoiro, onde empregando diferentes recursos e técnicas para crear un dos personaxes do conto. Cada un o que quixo, gozando e aprendendo un montón, entre todos e todas. 





No hay comentarios: