18 abr 2010

ENCONTROS DE COORDENADORES DE BIBLIOTECAS DO PLAMBE 2010

Os días 15 e 16 de abril celebráronse Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 2009/2010. A el asistimos as casi 300 (son 299 na actualidade) persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os encontros tiveron como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar: o papel que xogan hoxe en día estas bibliotecas nos centros educativos e as posibilidades que ofrecen para educar a un alumnado que medra na sociedade da información. Entre os temas que se trataron estiveron a lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, entre outros. Dende aquí damos as grazas a Cristina Novoa e Pilar Sampedro polo entusiamo que poñen no seu traballo e aos ponentes sin olvidar aos asistentes ao encontro que contaxian as súas ganas de traballar e loitar por este mundo das Bibliotecas Escolares, dende aquí moitas e repetidas grazas.

No hay comentarios: