14 feb 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están en marcha as MOCHILAS VIAXEIRA para os diferentes cursos de Primaria de 1º a 6º. Trátase dun material que vos permitirá compartir entre toda a familia tempo, ilusións, sentimentos… lecturas, e en definitiva a vida. Pensamos que a literatura compartida permítenos como pais/nais a oportunidade de conversar e coñecer os intereses, inquedanzas e as ideas dos nosos fillos/as: trátase doutro xeito de pasalo ben en familia. Este ano engadimos algunha novidade como é o LIBRO DE COCIÑA e un de LITERATURA PARA MAIORES na liña de ofertar unha mayor variedade nos materiais que se vos achegan: NON SE TRATA DE QUE LEADES TODOS OS EXEMPLARES A FEITO, SENÓN QUE CADA UN ELIXA O QUE MÁIS LLE GUSTE OU LLE CHAME A ATENCIÓN.Esperamos dende o equipo de Biblioteca sexa una actividade que vos guste.
Ah! lembrade as enquisas e facer algún comentario nos cadernos viaxeiros.

6 feb 2011

HORA DE LER NA AULA DE PRIMEIRO

Volvemos do recreo e facemos eses 20 minutos de lectura silenciosa

sostida que dende logo crea un ambiente máxico no Centro, xa que o

facemos dende E. Infantil ata sexto, adaptando aos diferentes niveis.

Poucos comentarios que facer a estas imaxes que podedes ver a

continuación, dende logo que o descubrimento do proceso lecto-

escritor é toda unha sorpresa:

NORMAS BÁSICAS...

Por se non lembras os puntos fundamentais da guía da Biblioteca Escolar, aquí tedes unha VERSIÓN SUPER MINI coas 5 NORMAS BÁSICAS PARA OS USUARIOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR:


SERES DA AUGA

Este mércores 2 de febreiro SABELA de 5º presentounos o seu libro preferido "Seres fantásticos del agua" durante a hora do recreo. Ser te animas a lelo, descubrirás que hai moitos máis que sereas nas profundidades mariñas.

UN MARCAPÁXINAS PARA A PAZ...

Todos o alumnado de Primaria recibiu un marcapáxinas como agasallo do Día da Paz, se queres facer unha copia para agasallar a algún amigo ou familiar, podes descargalo premendo na imaxe , logo imprímelo, dóblalo, un pouco de pegamento e xa está...

TODOS POLA PAZ...


E chegou o día. Saímos todos os cursos ao porche: lectura do manifesto, poemas e frases ditas por personaxes célebres. Cantamos a canción " POR QUE NO SER AMIGOS " de Hombres G e démoslle cor aos grises do Guernica de Picasso.

UN FERMOSO TRABALLO COLABORATIVO COMPARTIDO POR TODOS E TODAS.



30 ene 2011

PREPARANDO O DÍA DA PAZ


Como xa sabedes o 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. É unha celebración a nivel mundial coa que se pretende que nos conciencemos acerca de acerca de valores tan fundamentais coma a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humáns a non violencia...Nós tamén nos preparamos!!!. Esta semana estamos traballando a nivel plástico sobre a obra de PICASSO, os máis pequenos coas pombas e os maiores coa obra do Guernica. Para profundizar na súa obra os cursos de primaria baixaron á Biblioteca para ver unhas presentacións sobre a obra do pintor e o Guernica. Tamén estamos preparando a canción que cantaremos todos xuntos " por qué non ser amigos " de Hombres G.


BAT PAT NOS MÉRCORES LECTORES


Hoxe foron MARTA e TANIA de 6º as que presentaron a sesión dos MÉRCORES DE LECTURA coa colección dol libros de BAT PAT, un morcego, pero que moi simpático. Podedes coller os seus libros na Biblioteca e divertirvos coas súas aventuras:


Se queres saber máis cousas sobre este curioso morcego podes visitar a súa páxina oficial, preme no seguinte enlace:

AXUDANTES NA BIBLIOTECA...

Presentámosvos os novos axudantes de Biblioteca do curso 2010-11. Todos son alumnos de sexto. Peguntarédesvos que ten que facer un axudante aparte de levar eses chalecos tan chulis...? pois... axudar na Biblioteca e algunha cousiñas máis que recollemos na GUÍA DE AXUDANTES que eles mismos axudaron a confecionar e que podedes ver no seguinte documento:



Xa os coñecedes seguramente, de atrás adiante e de esquerda a dereita son:

DEVA, RUBÉN FREIRÍA, RUBÉN ABALDE, RENÉ, OSCAR
DIANA, LAURA, ALBA, MARTA, MARIO, BRAIS, MANUEL,
TANIA, LUCÍA, FABIÁN E BORJA.

A Meigatintureira envíavos a súa calurosa benvida e davos as grazas pola vosa inestimable colaboración, sen a cal a Biblioteca non podería funcionar como o fai:

GRAZAS COLABORADORES!!!


13 ene 2011

FAMOUS PAITINGS IN ENGLISH...

Seguro que sabedes moitas cousas sobre pintores como Kandinsky, Matisse, Daly, Picasso, Munch e outros pero se queredes saber algo mais sobre eles, e de paso practicar o voso Inglés, pinchade no seguinte enlace para ver traballo de investigación elaborado polo alumnado de sexto na aula de Inglés.


10 ene 2011

OUTRA VEZ DE VOLTA....

Para celebralo e como é o mes das rebaixas, a nosa Biblio non ía ser menos: 2 x 1


Voltamos despois de darlle outra volta á Biblio ( ESTA MEIGATINTUREIRA SEMPRE EN REFORMAS!!!), enviáronnos da Consellería novos andeis para a zona de lectores de segundo e terceiro ciclo e parte da de consulta ( Mediciña, Inventos, Arte... Xeografía, Historia: os correspondentes a os apartados 6, 7 e 9 da CDU).

A VERDADE É QUE LLE CAMBIOU A CARA!

ESPERÁMOSTE !!!

ALMANAQUE 2011

Como xa sabedes, este curso 2010-11 estamos a traballar coa pintura baixo o lema " Escribimos cadros, pintamos historias " . Un dos resultados destas propostas investigadoras é o calendario do presente ano que utilizaremos no blogue para ilustrar o mes no que estemos. As familias do centro recibírono como agasallo de Nadal.

FELIZ ANO A TODOS/AS!
E
FELICES LECTURAS!