13 may 2025

E TAMÉN UN MAIO DE PINTORAS GALEGAS

Esta foi a proposta que traballou e sobre a que imos traballar o alumnado de primaria ao longo deste mes de maio. Trátase de que cada unha das aulas investiguedes sobre algunha das pintoras galegas máis coñecidas. Aquí volas deixamos cos seus enlaces para que poidades iniciar as vosas pescudas!

Maruja Mallo

Rosa Guisán 

Mª Dolores Díaz Valiño

Menchu Lamas

María Antonia Dans 

Julia Minguillón

Carmen Babiano Méndez Núñez 

Clicade nos enlaces se queredes saber máis cousiñas da súa vida!

AHÍ VEN O MAIO

Con este verso comeza o poema do mesmo título do poeta Manuel Curros Enríquez publicadas no libro " Aires da miña terra " un dos seus poemas máis coñecidos xa que posteriormente foi musicado por Luis Emilio Batallán. Ímolo cantar ao redor dos maios que fagamos o día das letras galegas no cole. 

             Aquí vola deixamos coa letra para ila practicando!, clica na imaxe!

 

12 may 2025

UN MAIO DE CANTAREIRAS

 
Clica na imaxe para ver as actividades do Seminario Galán!