30 abr 2025

UNHA PRIMAVEIRA IMPRESIONANTE....

         Os maiores de ed. Infantil prepararon un audiovisual en resposta á proposta da Meigatintureira e investigaron sobre o IMPRESIONISMO. Vede cantas cousas aprenderon e os maravillosos cadros que pintaron:

 

26 abr 2025

AGASALLOS PARA AS AULAS NO DÍA DO LIBRO!!!

Un fermoso día na nosa Escola! Chegamos pola mañán e había enriba das mesas do profesorado un estrano paquete cunha notiña que dicía:

"ESPERAMOS QUE DESFRUTEDES DESTE AGASALLO, SAÚDOS DA MEIGATINTUREIRA "

                          E tanto que o fixemos! mirade as nosas caras!


21 abr 2025

RIO DE XANEIRO: CAPITAL MUNDIAL DO LIBRO NESTE 2025

 Cada ano a UNESCO nomea unha cidade do mundo como capital mundial do libro e neste 2025 a elexida é Rio de Xaneiro en Brasil.

A Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, comenta no discurso inaugural:

Los libros son herramientas vitales para acceder, transmitir y promover la educación, la ciencia, la cultura y la información en todo el mundo. Los libros nos informan, nos entretienen y nos permiten comprender mejor nuestro mundo. Por esta razón, la UNESCO designa cada año una Capital Mundial del Libro....

Queres saber que cidade vai ter o honor para o vindeiro ano? Aquí vos deixo o seu nome orixinal. Clica nel e saberalo.

الرباط


10 abr 2025

MIRADE QUE RECANTO !!!

    A Meigatintureira agasállanos nesta primavera con este recanto para ir pintar nos necreos, mirade que bonito!!!Temos a inmensa sorte de ter unha Biblioteca cunha luz espectacular e na que a natureza entra polas fiestras.

Soamente lembrade as normas e a desfrutar! 

8 abr 2025

PINTA A PRIMAVERA

Nos recunchos que temos montados na Biblioteca tedes moita información sobre pintores e pintoras, técnicas diversas e todo o relacionado co mundo da cor. Podes PINTAR A PRIMAVERA na túa casa ou no colexio. Podes facelo nestas vacacións de Semana Santa ou ao longo destas semanas na Biblioteca no recuncho que habilitamos para elo.

 
 Segue as instruccións e as normas do recuncho cando veñas á Biblio: 

 
PINTA e DESFRUTA!!!! ESPERÁMOSTE!!!