Aquí tedes o resultado, un fermosos mural con mulleres de tódolos tempos que foron ignoradas polo feito de selo ou incluso con identidades suplantadas por outras persoas e pola propia sociedade na que vivían e na que PINTARON MOITO, NON...MOITÍSIMO: Unha moi boa oportunidade para aprender e formarse.
21 mar 2025
12 mar 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: 8 DE MARZO
Unha data moi importante a celebrar e sobre a que traballar, e que segue sendo unha constante nas sinaladas da nosa escola é o 8 de marzo.
10 mar 2025
NOVIDADES, NOVIDADES DE PRIMAVERA!
Esperámosvos, chegaron novidades de todo tipo á nosa Biblioteca. Vinde e botade un ollo!!! Non volo perdades!!
3 mar 2025
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Baixo a proposta do Equipo de
Normalización lingúitica, do Comedor Escolar e da Biblioteca todo o
alumnado do Centro se sumou á celebración da homenaxe a Rosalía de Castro.
Aprendemos o poema MIÑA CASIÑA, MEU LAR
(aquí vos deixamos unha proposta do ceip de Seixalbo) do seu libro
Follas Novas....onde se orixinou a idea do famoso CALDO DE GLORIA que é
seguido na nosa Terra por moitas cociñeiras e cociñeiros como
reivindicación da nósa cultura culinaria, houbo recitado colectivo,
biografía e claro está un riquísimo caldiño á hora de comer!!!!!
Aquí vos deixamos algúns enlaces para seguir coñecendo e amando á nosa escritora:
PARA XOGAR NA AULA OU NA CASA:
PARA LER E ESCOITAR:
Adiós ríos, adiós fontes con Astarot
Adiós ríos, adiós fontes (con pictogramas))
PARA APRENDER MÁIS :