ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
▼
29 abr 2019
RECUNCHO DE CÓMICS
Esta semana estreamos novo recuncho con moitas novidades e historias que desexan saír das páxinas!
Recorda que podes vir nos recreos a biblio ou polas tardes coa túa familia, excepto os martes, para disfrutar desta nova sección e de todas as que nos quedan! Porque, xa sabedes que a Meiga Tintureira sempre está a argallar alguna cousa...

26 abr 2019
POR FIN SAIU O SOL!
E desfrutamos da BIBLIOPATIO ao cen por cen!
Rematou a BIBLIOPATIO, pero todavía quedan máis acontecimentos porque, xa sabedes que, a nosa Meiga Tintureira non descansa nunca!
Aquí tendes unha recopilación dos mellores momentos mediante un vídeo e diferentes montaxes fotográficos.

25 abr 2019
COMEZA A BIBLIOPATIO!
MÉRCORES DE CONTO
Esta semana continuamos cos mércores de conto na biblio!
Esta vez...dous nenos da escola que estiveron moi ilusionados durante toda a semana ensaiando nos seus ratos libres: Sergio e Hugo de 4º
Rematamos a contada cun agasallo final da Meiga Tintureira, que sempre aproveita calquera ocasión para sacarnos un sorriso.
Aquí tendes unhas imaxes dos mellores momentos.
BIBLIOPATIO
A nosa Meiga Tintureira ten cada idea...Esta vez, disfrutar na hora de ler da BIBLIOPATIO!
A cousa é que temos catro caixas de froitas cheíñas de contos para ler esta semana ao aire libre.
Unha caixa cun lazo azul para os prelectores, outra con lazo vermello para primeiros lectores, outra con lazo amarelo para lectores autónomos e, para rematar, unha con lazo verde para lectores expertos.
Pois agora a esperar a que saia o sol e senón seguro que atopamos outros lugares para ler ben tapadiños e tapadiñas.
CONTINUARÁ...
23 abr 2019
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Os libros son...
Para conmemorar este fermoso día, aquí tendes unha serie de recursos moi apetecibles: un corto que desperta en nós a necesidade de ler e de vivir outras aventuras, un mundo en branco e negro que cobra cor grazas aos libros; xunto cunha canción baixo o título “Ler non é clandestino” moi divertida!
Estade moi atentos e atentas porque haberà màis sorpresas...PRÒXIMAMENTE!
E recorda que a lectura fainos máis libres!
12 abr 2019
OBRADOIRO INCLUSIVO
Esta mañá a biblioteca encheuse dun mundo de cores grazas ao conto: “¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!”.
As mestras Patri, Marga e Tali contaron aos nenas e nenas de Infantil o conto que forma parte do noso recuncho inclusivo. E...de que xeito podía rematar esta contada? Pois pintándonos todos e todas as uñas de diversas cores igual que Juan, o protagonista da historia.
Máis tarde, na hora de ler, tocoulles aos alumnos e alumnas de 1º, 2ºA e 2ºB que, acompañados das súas mestras Marián, Elena e Tamara, pasárono en grande coa historia e coa sorpresa final: toda a clase coas uñas pintadas!

E por último...xa na aula...debuxaron a silueta das súas mans (con axuda da parella) e pintaron as uñas de moitas cores!
Foi unha experiencia xenial na que nos divertimos e aprendimos que, pintarse as uñas non é causa de nenas, senón que é cousa de quen queira facelo! A única condición é respectar a quen o faga.
11 abr 2019
MÉRCORES DE CONTO
Esta semana continuamos cos mércores de conto na biblio!
Esta vez...dous nenos da escola que estiveron moi ilusionados durante toda a semana ensaiando nos seus ratos libres: Artai e Aarón de 2ºB!
Rematamos a contada cun agasallo final da Meiga Tintureira, que sempre aproveita calquera ocasión para sacarnos un sorriso.
Aquí tendes unhas imaxes dos mellores momentos e o vídeo completo.
E recordade...despois de Semana Santa volveremos con máis e millor!
8 abr 2019
Regala poesía!
Como sabedes, o presente curso 2018-2019, as bibliotecas escolares traballan baixo o lema de “Poéticas diversas”. Dende a nosa escola, aproveitando o día da poesía, os nenos e nenas copiaron diferentes poemas, estrofas ou versos en lingua castelán e lingua galega, de diversos poetas e poetisas.
Cada aula utilizou diferentes cores de Pos-it para plasmar os poemas escollidos:1º, 2ºA e 2ºB utilizaron os Pos-it de cor rosa; 3º e 4º de cor azul e 5º, 6ºA e 6ºB os laranxas.
Nos diferentes corredores e entradas da escola, atoparedes uns carteis que din: “REGALA POESÍA. COLLE UNHA”. Asi que non dubidedes en coller a que mais vos gusta e levar uns versos convosco!

7 abr 2019
Botámonos á poesía!
O venres os nenos e nenas de 3º de Primaria baixaron á biblioteca a pasar un rato diferente lendo poesía!
Atoparon numerosas obras interesantes cheas de fermosas historias nos que as palabras nos levan a outros mundos e outras realidades; onde as palabras debuxan, ademais de contar.
Un momento de tranquilidade e disfrute personal, escoitando, de fondo, música para piano, relaxante e evocadora de Yurima.
Aquí tendes un vídeo cos mellores momentos nos que podedes atopar a importancia e a necesidade de ler poesía! Disfrutádeo!
Unha aperta con sabor a poesía da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
5 abr 2019
MÉRCORES DE CONTOS!
Esta semana comezamos cos mércores de contos na biblio!
Inauguraron esta actividade dous alumnos de 3º de Primaria: Artai e Javi, co conto “El búho que quería ser gallo”de Mick Manning. E...que mellor momento para facelo que xusto o día que inauguramos o noso recuncho de BIBLIOTECA INCLUSIVA!
Rematamos a contada cun agasallo final de parte da Meiga Tintureira, que sempre aproveita calquera ocasión para sacarnos un sorriso.
Aquí tendes unhas imaxes dos mellores momentos e o vídeo completo.
3 abr 2019
RECUNCHO INCLUSIVO
Novo recuncho na biblioteca! Esta vez cheo de contos e historias inclusivas das que podedes aprender, rirvos e incluso, coas que podedes, chorar!
Unha morea de contos con pictogramas, de contos de fácil lectura, de cómics e de aventuras inclusivas dispostas a encontrar un lector ou lectora que se sinta (ou non) identificado e deixe atrás (ou exprese) os seus medos , a súa vergoña e as súas inseguridades.
Porque na biblioteca todos temos un recuncho no que sentirmos cómodos e ser, en definitiva, nós mesmos!
2 abr 2019
DÍA DO AUTISMO
Hoxe a nosa escola botouse ao monte baixo o lema: “Nos teus zapatos” !
Durante a semana todos os nenos e nenas pintaron uns zapatos cheos de pezas de puzzle coas cores que representan o citado día: azul, verde, amarelo e vermello. Finalmente todos os zapatos formaron o noso lema e o signo do infinito que podedes atopar na entrada da escola. Un mural cheo de inclusión onde cada neno e cada nena puxo un pedaciño de seu.
Outra proposta foi a de vir cun zapato de cada cor a escola que, por certo, resultou moi divertida!!
Finalmente, na hora de ler, os nenos e nenas visualizaron diversos cortos e vìdeocontos coa temática do autismo.
Non podedes deixar de disfrutar dos seguintes, sinxelos e sutìs, que nos axudan a entender o mundo interior tan rico que teñen as persoas con autismo.
Aquì tendes os enlaces:
EL VIAJE DE MARÍA
ACADEMIA DE ESPECIALISTAS
POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA
EL CAZO DE LORENZO
Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.