ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

7 abr 2019

Botámonos á poesía!

O venres os nenos e nenas de 3º de Primaria baixaron á biblioteca a pasar un rato diferente lendo poesía!

Atoparon numerosas obras interesantes cheas de fermosas historias nos que as palabras nos levan a outros mundos e outras realidades; onde as palabras debuxan, ademais de contar.

Un momento de tranquilidade e disfrute personal, escoitando, de fondo,  música para piano, relaxante e evocadora de Yurima.

Aquí tendes un vídeo cos mellores momentos nos que podedes atopar a importancia e a necesidade de ler poesía! Disfrutádeo!


Unha aperta con sabor a poesía da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario