ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

25 abr. 2019

BIBLIOPATIO


A nosa Meiga Tintureira ten cada idea...Esta vez, disfrutar na hora de ler da BIBLIOPATIO!


Con esta noticia abrimos as portas da escola esta mañá. Será porque onte, 23 de abril, foi o Día do Libro? Quen sabe...porque coa Meiga Tintureira todo é posible.

A cousa é que temos catro caixas de froitas cheíñas de contos para ler esta semana ao aire libre.
Unha caixa cun lazo azul para os prelectores, outra con lazo vermello para primeiros lectores, outra con lazo amarelo para lectores autónomos e, para rematar, unha con lazo verde para lectores expertos.

Pois agora a esperar a que saia o sol e senón seguro que atopamos outros lugares para ler ben tapadiños e tapadiñas.

CONTINUARÁ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario