ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

8 abr 2019

Regala poesía!

Como sabedes, o presente curso 2018-2019, as bibliotecas escolares traballan baixo o lema de “Poéticas diversas”. Dende a nosa escola, aproveitando o día da poesía, os nenos e nenas copiaron diferentes poemas, estrofas ou versos en lingua castelán e lingua galega, de diversos poetas e poetisas.

Cada aula utilizou diferentes cores de Pos-it para plasmar os poemas escollidos:1º, 2ºA e 2ºB utilizaron os Pos-it de cor rosa; 3º e 4º de cor azul e 5º, 6ºA e 6ºB os laranxas.

Nos diferentes corredores e entradas da escola, atoparedes uns carteis que din: “REGALA POESÍA. COLLE UNHA”. Asi que non dubidedes en coller a que mais vos gusta e levar uns versos convosco!





No hay comentarios:

Publicar un comentario