29 mar 2024

2 de abril, unha data para ter en conta.

 O vindeiro 2 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data moi cercana ao vindeiro 23 do mesmo mes no que celebramos o DIA do LIBRO.

Específicamente este ano o lema é:

              Navega polos mares coas alas da túa imaxinación

 A ilustración do cartel é da ilustradora xaponesa Nana Furiya.

 Se clicades na imaxe poderedes ver o poema elaborado para a ocasión por Eiko Kadono, escritora xaponesa, que afirma:

       " Empezar a ler un libro é como abrir unha porta a un mundo diferente. Unha porta que non se pecha ao final da historia, sempre hai outra que agarda para ser aberta..."

 


 

No hay comentarios: