Gran éxito do noso mercadillo solidario. Vendéronse unha che de libros e recaudamos máis de 500€ que se van donar a Asociación "Peques Azules". Unha asociación sen ánimo de lucro formada por familias comprometidas para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas TEA en Galicia. MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!
24 may 2026
13 may 2026
7 may 2026
PARTICIPA NO MERCADILLO SOLIDARIO DA MEIGA TINTUREIRA PARA DONAR FONDOS A ASOCIACIÓN "PEQUES AZULES"
A Meiga Tintureira e os seus axudantes, xa estamos preparando o mercadillo solidario que se realizará o vindeiro venres día 5 de maio. O Horario é de 12:45h a 14:00h.
Os nenos e nenas e as súas familias, poderán donar libros e contos (que estéan en buen estado) ata o vindeiro martes día 12 de maio.
As familias estades convidadas para vir o cole, á mesma hora que vindes á romería dos maios.
DÍA DO LIBRO: AGASALLO DA ANPA.
A ANPA do noso cole, entregoulle uns contos moi chulos dos Bolechas á Meiga Tintureira, para que nos fixera un agasallo os nenos e nenas de infantil, na festa dos libros. Moitas grazas.
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO COMPARTINDO OS NOSOS NOSOS LIBROS FAVORITOS.
A Meiga Tintureira tiña preparada unha nova aventura e coas súas instruccións, enchemos unhas caixas que deixou polas aulas, de contos e libros que trouxemos da casa.
O cole tiña unha chea de libros favoritos, co que máis lle gustaba a cada un de nós. Logo, xuntámonos con outros cursos, presentamos os nosos libros e contos e explicamos por que nos gustan tanto. E para rematar, fixemos intercambio cos noso amigos e amigas.
Mirade que ben o pasamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











