O mércores 9 de novembro tivo lugar na Biblioteca un taller de DOBRAXE E EDICIÓN DE SON, temática moi ligada á que estamos a traballar neste curso. Contamos coa presensa de dobradores profesionais da RTVG (Radio Televisión de Galicia).Primeiro, utilizando monicreques, os
actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fixeron un xogo
dramático moi divertido no que nos mostraron todos os pasos da
elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe. Non é preciso falar máis, con que vexamos e por suposto escoitemos atentamente é dabondo:
Se clicades na foto poderedes ver a Sara Diego, Vera Taconni e Oscar en acción:
E se clicades na seguinte imaxe poderedes ver a Pablo Rolland, Lidia Formigo e Oscar Mouriño:
Para ver o resultado final podedes clicar no seguinte texto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario